Promoción da mobilidade entre os/as máis desfavorecidos/as.
No BNG apostamos por un Cambados máis digno, máis solidario e máis humano. Queremos fomentar o compromiso e a colaboración entres os/as veciños/as que máis o necesitan en cuestións de mobilidade municipal como alternativa ó deficiente sistema de transporte público a destinos de primeira necesidade, como o caso dos desprazamentos ó hospital do Salnés. Trátase dunha proposta que encadramos dentro da posta en funcionamento dun futuro “banco de tempo”.
Nesta liña fomentaremos a colaboración interveciñal para axudar ós grupos máis desfavorecidos (as persoas maiores que viven soas, que carezan de medios de locomoción ou que teñen moi poucos recursos económicos) e facilitarlles, por exemplo, o traslado ó hospital do Salnés.
Como podería participar neste proxecto?
Se vives en Cambados ou nalgunha das súas parroquias e de xeito habitual ou puntualmente te desprazas entre Cambados e Vilagarcía e dispós de prazas libres no teu vehículo, podes optar por participar neste programa solidario municipal, integrándote neste “banco de tempo solidario”.
Así mesmo, para aquelas persoas participantes voluntariamente, neste programa, o Concello realizaría un recoñecemento que pode ter diferentes formatos como galas ou eventos anuais ou, incluso, concedéndolles distintivos ós seus vehículos que puideran ter certos beneficios fiscais ou recoñecementos a nivel aparcamento.
Ademais a finalidade desta proposta non busca un recoñecemento individual a cada un dos/as “voluntarios/as” que se ofrezan a colaborar cos seus conveciños senón o recoñecemento e gratitude da Corporación Municipal a todo o pobo e parroquias de Cambados polo seu altruísmo, como exemplo para unha sociedade cambadesa solidaria e comprometida.
Como se levaría á práctica?
Para participar neste programa poderían darse de alta neste servizo altruísta veciñal a aquelas persoas maiores que viven soas, carecen de vehículo ou con poucos recursos económicos, co único requisito de estar censados no Concello de Cambados.
Ademais a web do Concello tería unha sección onde se mostrarían os días e horas ofertados.
Podería darse de alta por vía telemática a persoas usuarias e solicitar traslado para segundos, recibindo no seu móbil confirmación de dita reserva en caso de dispoñibilidade.
Este servizo estaría vinculado ó voluntariado social do Concello: os voluntarios/as poden prestarse a acompañar a persoas con mobilidade reducida neste tipo de traslado.
Por cuestións de eficiencia pode trasladarse este protocolo ás parroquias para realizar esta mesma colaboración cidadá a través dos taboleiros de anuncios ou nos centros socioculturais. Ditos calendarios poden colgarse no taboleiro de anuncios do Concello e para manter a privacidade do condutor asignarase un código a cada traslado concreto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.