Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de abril de 2019

CURSO DE INTERNET PARA MAIORES


O curso realizarase no Centro Social de A Merced, de luns a venres, durante o mes de maio




A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados, que dirixe Tino Cordal, organiza un curso de informática básica para maiores de 60 anos. O obxectivo do curso é que as persoas maiores se familiaricen coa informática e co uso dos teléfonos intelixentes.


O curso comezará o vindeiro luns 6 de maio, ás 11 horas, na aula de informática do Centro Social de A Merced, situado na Avenida da Coruña, en Fefiñáns. Hai 15 prazas dispoñibles. As persoas interesadas na realización do curso deben inscribirse no despacho de consumo ubicado no primeiro andar da Casa do Concello.


Para poder realizar este curso de informática básica para maiores de 60 anos, ademais do requisito da idade, é necesario estar empadroado no Concello de Cambados. A duración do curso é de 30 horas. Terá lugar de luns a venres, das 11 ás 13 horas, e rematará o 24 de maio.


Cordal anima aos maiores cambadeses a anotarse neste curso, no que poden emprender a manexar un teléfono móbil intelixente e un ordenador. Tamén poderán aprender a entrar nas redes sociais e coñecer o seu funcionamento; ademais aprenderán a solicitar unha cita previa para unha consulta médica ou hospitalaria no Sergas, e a tramitar calquera tipo de xestiona ante as administracións publicas.


A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados leva programados numerosos cursos e obradoiros para maiores de 60 anos ao longo dos últimos tres anos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.