Tentando recuperar parte da nosa tradición cultural e deportiva relacionada co mundo do mar e coa colaboración do Club Mecos de O Grove, organizaremos o próximo sábado, día 4 de maio, a "I Bandeira de Traineriñas Festa do Albariño". Agardamos que este sexa o inicio dun evento deportivo que permaneza e se enriqueza no futuro e nos permita arraigar en Cambados esta modalidade deportiva vinculada á cultura mariñeira. A cultura marítima é parte do patrimonio do noso concello e debemos facer todo o posible por transmitila tanto ás futuras xeracións como a todos aqueles que queren coñecer a nosa vila da forma máis realista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.