Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de abril de 2019

O CAMBADOS TM RECIBIRÁ A VINDEIRA SEMANA UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN COMO CLUBE DE ELITE

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha os convenios programados cos que cada ano colabora cos clubs de elite da provincia, que neste 2019 chegan a un total de 16 entidades cun investimento total de 726.500 euros, e que este ano incrementan os seus recursos para o deporte feminino e o deporte adaptado.
Hoxe martes foron entregadas as resolucións aos primeiros once clubs deportivos que completaron a documentación para pechar ás axudas: Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Cangas, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Supermercados Froiz, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Agrupación Deportiva Vincios, Coruxo Club de Fútbol, Club Rápido de Bouzas, Club Poio Fútbol Sala e Club Amfiv.
Tamén disporá de convenio o Tenis de Mesa Monteporreiro, de Pontevedra, que por primeira vez se incorpora a estas achegas tras conseguir o pasado ano o ascenso á Superdivisión Masculina. É o mesmo caso que o Club Cambados de Tenis de Mesa que ascendeu á máxima categoría e tamén estréase nestas axudas programadas e anuais da institución provincial. Precisamente o Cambados recibirá a súa resolución a próxima semana xunto á Sociedad Gimnástica de Atletismo de Pontevedra, o Atlético Guardés, a Sociedade Deportiva Teucro e o Pontevedra Club de Fútbol.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.