Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de abril de 2019

A XUNTA REUNIRASE COS TITULARES DOS TERREOS NECESARIOS PARA A OBRA DA SEGURIDADE NA ESTRADA ENTRE VILANOVA E CAMBADOS

Imaxe: Diario de Arousa
A Xunta convoca aos titulares dos terreos necesarios para a mellora da seguridade na estrada PO-549, entre Vilanova de Arousa e Cambados
Os propietarios das fincas están citados os vindeiros 7 e 8 de maio para o levantamento de actas previas, na casa da Cultura de San Miguel de Deiro e o centro sociocultural de Corvillón, respectivamente.
Trátase da supresión dun tramo de concentración de accidentes no entorno da vía, entre o final da parroquia de Deiro e a intersección da vía de alta capacidade VG-4.3.
Reformaranse as interseccións mais relevantes coa execución de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para os cambios de sentido.         
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola se convoca aos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados, para o levantamento das actas previas á ocupación
Esta intervención dispón dun orzamento autonómico que ronda os 575.000 euros e enmarcase no Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 da Xunta. O seu obxectivo é levar a cabo unha serie de actuacións que permitan evitar ou mitigar a accidentalidade neste treito final de 1,8 quilómetros da estrada autonómica PO-549.
Segundo recolle o DOGO, o día 7 de maio, os propietarios das fincas situadas en Vilanova deberán acudir á casa da cultura de San Miguel de Deiro, das 10:00 ás 13:00h e os titulares dos terreos pertencentes a Cambados están convocados o día 8 no centro sociocultural de Corvillón, das 10:00 ás 13:00h. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a esta resolución: https://bit.ly/2TPjcAv
Durante o proceso de información pública deste proxecto o Concello de Vilanova solicitou que se ampliase o ámbito da intervención nunha lonxitude de 700 metros e se executasen sendas no tramo. A Xunta atendeu esta solicitude, polo que o tramo no que se desenvolverán as obras é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+570 e 9+800.
As principais actuacións realizaranse nas interseccións mais relevantes do tramo. Para isto, levarase a cabo a execución de cuñas de cambio de velocidade para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada autonómica. Tamén se construirán dúas semiglorietas para os cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda.
O actuación tamén contempla a execución dunha nova glorieta na intersección do punto quilométrico 9+020 coas estradas provinciais EP-9004 e EP-9005 e a mellora da contorna da rotonda existente no 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos.
Tamén se mellorará a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións e outras medidas.
De xeito complementario, executarase un tramo de senda entre os puntos quilométricos 7+570 e 8+340 pola marxe esquerda da estrada.
Cómpre lembrar que esta actuación está enmarcado na estratexia deseñada pola Xunta para ter eliminados en 2020 todos os tramos de concentración de accidentes nas estradas de titularidade autonómica, para conseguir o obxectivo de reducir nun 50% as vítimas mortais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.