O Departamento de Vento Metal do CSMVigo ven facendo unha intensa programación de actividades ao longo dos anos. Os concertos realizados son unha mostra diso, as Fanfarrias litúrxicas de H. Tomasi, a celebración do Día da Música tocando desde as terrazas do Conservatorio, a Homenaxe a D. Schnyder; a través do programa Erasmus coa visita e concerto do profesorado en Roma, visitas de profesorado entrante como Thomas Horch, Silverio Valeriani, Giuseppe Scaratti, Igor Lazic, Brandon Craswell, ou o intercambio de alumnos con centros de toda Europa; os concertos de grupos de profesores-alumnos; cursos de especialización con Francisco Rosario, Tino Nuñez, Jon Etterbeek, Petur Eirikson, Santiago Blanco, Filipe Alves, David Rejano, Javier Castaño, Jesper Boile Nielsen, Sección grave da Orquestra do Porto, Adán Delgado, Javier Simó, Diego Cal, John Aigi…
O Ensemble de Trombóns, Bombardinos e Tubas do CSMVigo ofrecen un concerto con obras relevantes para estes instrumentos e unha viaxe a través da historia da música, colaxe de estilos e composicións. Esperamos que gocen do concerto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.