A 4ª edición dos Premios Incitus xa conta con 3 finalistas. Un singular aloxamento turístico en Ribadumia liderado por Carmela Lorenzo, a evolución do foodtruck de Benjamín Bornia denominado Misco Midas Sandwich Club e a proposta especializada en Poké de Enrique Rodríguez. Estes tres empresarios-emprendedores loitarán nas próximas datas por facerse co IV Premio Incitus que, cada ano, premia a proposta máis innovadora do panorama hostaleiro galego.
Durante 3 intensos meses profesionais de Incitus e convidados da talla de Eva Ballarin, Jon Giraldo, Jaime Lieberman, Yayo Daporta ou Pepe Solla colaboraron cos empresarios para converter a súa idea inicial no que hoxe son proxectos viables e probablemente, todos eles, condenados ao éxito.
Nunhas semanas coñeceremos quen é o sucesor dos Koh Lanta, primeiro galardoado, Pracer, que precisamente abría as súas portas hai escasos días, e Nana Pancha, que iniciará a súa andaina moi pronto, nestes momentos está a desenvolverse a última fase das obras no local comercial.
Como sempre, nada disto sería posible sen os nosos patrocinadores: Estrella Galicia, Cafés Candelas, Cash Record e Caixabank.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.