Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de febrero de 2019

VARIOS DERBIS DO SALNÉS NA SEGUNDA ROLDA DA COPA DEPUTACIÓN 2019

119 equipos da provincia participarán na nova edición da Copa Deputación Masculina de Fútbol

Este xoves terá lugar o sorteo da primeira ronda para os 65 equipos da zona de Pontevedra e o venres para os 54 da zona de Vigo
A Copa Deputación 2019 xa está en marcha e este xoves e venres douse un novo paso antes de que o balón comece a rodar. Nestes dous días nos que a institución provincial, organizadora do torneo, sortea os cruces da primeira eliminatoria en categoría masculina. Nos bombos entrarán 65 equipos da zona de Pontevedra e 54 da zona de Vigo, o que supón un total de 119 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica, 6 equipos máis que na pasada edición.
O primeiro sorteo tivo lugar este xoves no Edificio Administrativo da Deputación, en Pontevedra. A partir das 20.00h, coa presencia da deputada de Deportes, Chelo Besada, coñeceronse os primeiros emparellamentos para os 65 equipos da delegación da zona de Pontevedra.
En canto á zona de Vigo, o sorteo tivo lugar hoxe, na sede viguesa da Deputación de Pontevedra. Alí, coa representación do deputado de Turismo, Santos Héctor, os 54 equipos desta delegación souberon cal é o seu primeiro rival.
Unha vez coñecidos os cruces os equipos terán liberdade para fixar a data desta primeira eliminatoria, que deberase xogar a finais deste mes. O formato de competición volverá a ser o mesmo que nas últimas edicións, xogándose todas as eliminatorias a un único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A final xogarase a finais de maio no campo da Lomba, en Vilagarcía de Arousa.
En canto á competición feminina, cuxo prazo de inscrición abrirase en marzo, os primeiros partidos disputaranse a mediados dese mes, pola súa banda, en categoría base, na que participan máis de 1.000 equipos da provincia, os encontros comezarán no mes de abril, cando xa rematasen as competicións oficiais.
A organización da Copa Deputación 2019 ten un Orzamento total de 120.000 euros, incluíndo tanto as competicións sénior masculina e feminina como a de categorías base. Nesta edición defenderán título o Matamá, en categoría feminina, e o Choco en categoría masculina, campión catro veces consecutivas.
 Cruces dos equipos da zona norte de Pontevedra na que están encadrados os representantes do Salnés.
Como se pode apreciar haberá varios debis comarcais.
Na primeira rolda so xogan 4 equipos e os dous vencedores uniranse ao resto dos clubes na segunda rolda.


Primeira rolda:
       
        FURIA ATHLETIC CLUB - VILATUXE F.C.

    S.D. AGOLADA - AGRUPACION ESTUDIANTIL

Segunda rolda

    MOSTEIRO C.D. - CELTIGA C.F.
    A LAMA S.D. - S.D.C. SAN ADRIAN
    C.D. SOUTOMAIOR - UNIÓN DENA C.F.
    LIBERTAD SPORTING CLUB - CATOIRA S.D.
    BARRO C.F. - MARCON ATLETICO
    S.D. SANTOME - S.D. PUENTE ARNELAS
    S.D. CAROI - C.E.D. COTOBADE
    S.D. ROMAY - JUV. CAMBADOS
    S.C.D. POYO - AROSA S.C.
    C.D. BAMIO - CAMPO LAMEIRO C.D.
    RAPIDO BAHIA C.F. - U. SAMPAYO
    ATLETICO CUNTIS - XUV. SANXENXO
    C.D. BERRES - CORDEIRO C.F.
    C.D. A.C.D. GUIMAREI - CLUB LAMELA
    VEA C.F. - LARO, C.F.
    S.D. BANDEIRA - C.D. ESTRADENSE
    CERPONZONS C.F. - ALONDRAS C.F.
    S.D. CHISPA - F.C. CRUCEIRO
    S.C.D. PUENTECALDELAS - C.D. BUEU
    S.D. MONTEPORREIRO - UMIA C.F.
    ZACANDE F.C. - VILLALONGA F.C.
    FIGUEIRIDO C.F. - MARIN C.F.
    ATL.FAXILDE - C.D. ARCADE
    PORTONOVO S.D. - U.S.D. de O GROVE
    C.D. PORTAS    - C.D. BELUSO
    S.D. NOALLA - PONTEVEDRA C.F. "B"
    C.D. XIL SAN MARTIN C.F.
    U.D.S.M. DEIRO - S.D. AMANECER
    ATLETICO ESTACION - C.D. LALIN
    SAN ANDRES C.F. - MORAÑA C.F.
    DORRON C.F. - S.C.D. SALCEDO




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.