Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2018

ESTRANO ACCIDENTE EN OUBIÑA



Estrano suceso o acontecido na madrugada de onte domingo en Cambados.



Protección Civil de Cambados atopouse onte á noite na estrada EO-9002, a que vai desde o centro do pobo ao Polígono Industrial do Salnés cun coche empotrado contra unha árbore. O vehículo presentaba bastantes danos na parte dianteira. O Servicio de Emerxencias, Protección Civil de Cambados informa que se atopou co coche sobre ás tres e media da mañá. Os membros de emerxencias e a Garda Civil de Tráfico estiveron buscando pola zona na procura do condutor, por si saira polo seu propio pe i estivese conmocionado tralo impacto. O resultado da busca foi negativo e non atoparon a ninguén.
Ampliación

Un cambadés de 21 anos conducía un turismo Mercedes, e por razóns que non transcenderon saíuse da estrada e acabou chocando contra unhas árbores. Antes da colisión, o vehículo pasou por encima dunha arqueta e dun noiro, rebentando os baixos. Posteriormente, pola colisión contra a árbore causou desfeitas moi significativas na parte frontal do turismo.

Pero cando chegaron os servizos de emerxencias, o condutor non estaba nin dentro do automóbil nin nas inmediacións. Os voluntarios de Protección Civil de Cambados e unha dotación da Garda Civil de Tráfico buscaron polas leiras próximas, por se o condutor desprazouse da zona do sinistro e estaba tendido en algures, pero non o atoparon. Foi entón cando chamaron aos seus pais, que se presentaron no lugar do accidente moi preocupados polo sucedido. Nun principio, todo apunta a que a ausencia do condutor do lugar do accidente foi voluntaria. Foi necesario realizar unha limpeza exhaustiva da zona, xa que o motor do vehículo perdeu gran cantidade de líquidos. A estrada que vai de Cambados a Pontarnelas e que atravesa o polígono industrial de Sete Pías e Cabanelas é un dos "puntos negros" da rede viaria arousá.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.