Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de diciembre de 2018

DERROTA CONTUNDENTE DO CAMBADOS T.M.


Pola vía rápida como se dí normalmente cando un equipo pasa por riba doutro.

Este foi o caso do partido que "enfrontou" onte no Pombal ao Cambados Tenis de Mesa co Arteal Santiago.

Nada puideron facer Stepan Shaposhnikov, Fernando Padin e Javier Soria ante o equipo rival que demostrou en Cambados a súa superioridade e porque ocupa o primeiro posto na liga.
Un so xogo foron capaces de alcanzar os locais ante un líder que amosou a sua superioridade desde o primeiro momento.

Con esta derrota o Cambados TM volve a postos de descenso pero moi igualados cos seus predecesores. A liga está marcada pola igualdade tanto polo título como polo descenso con catro equipos en 2 puntos.
Arteal TM continúa con 13 puntos á fronte de axustada clasificación, que ten a cinco equipos na loita polo liderado.

A vindeira semana Cambados TM xoga de novo no Pombal esta vez ante Irún, un equipo que so perdeu un partido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.