Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de noviembre de 2018

PRIMEIRA VITORIA PARA O CAMBADOS GAÉLICO


O encontro enfrontaba a dous rivais directos e servía en ambos casos para comprobar cales son as sensacións dos dous equipos: Estrela Gaels e Cambados Gaélico. O comezo foi terrible para os locais, que comezaron encaixando varios goles grazas a un gran atino dos cambadeses. O resultado ao descanso era un desigual 4-18. 
Logo do descanso, os Gaels tentaron recortar distancias cunha presión moi alta e actuacións individuais. Porén, os visitantes tiraron de veteranía e tentaron parar o xogo todo o posible. A inchada local desfrutou da capacidade de reacción dos seus que, cun gol de Matías Montenegro "Matigol", volvían meterse no partido pero por pouco tempo. 
Mais a experiencia do combinado cambadés rematou levando a vitoria ao Salnés. Partido positivo para ambos equipos, posto que no conxunto local debutaron xa máis de 15 xogadores e primeira vitoria para o Cambados Gaélico. Resultado final Estrela Gaels 1-11(14)/ 6-5 (23) Cambados.
O fin de semana que ven hai parón de Liga.
Clasificación



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.