Secundino Abal de 85 anos, era natural da parroquia de Vilariño e aprendeu a tocar a gaita co seu tío José González. Posteriormente, formou parte do grupo Aires de Vilariño, que usaba unha vestimenta similar á dos Danzantes de Cobas.
Xa nos anos 60, pasou a integrar o grupo Os Carballeiras, formación coa que aínda actuaba ata hai uns anos de forma ocasional. Como membro desta entidade levaba anos tocando en todas as festas da comarca. Destaca especialmente a de San Benito de Cambados, onde participou durante máis de 50 anos acompañando aos danzantes. Tamén actuou en todas as festas do Albariño, ata a súa retirada. Doutra banda, na década dos oitenta inicia o seu labor de formación cara aos mozos da comarca. Máis de catrocentos rapaces de toda a comarca aprenderon a tocar a gaita grazas ao seu labor desinteresado. Este mestre de gaiteiros, coa súa música chegou atei a Arxentina onde tocou varias veces.
Xunto ao seu irmán Ernesto, falecido nun accidente doméstico hai case 9 anos impulsaron en todo o Salnés e Galicia a música tradicional.Secundino está sendo velado no Tanatorio de Ribadumia, e o funeral de corpo presente será mañán ás 11:30 h na Igrexa de San Adrián de Vilariño.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.