Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de noviembre de 2018

CATRO CONCELLOS DA COMARCA VOLTAN DA VIAXE FORMATIVA SOBRE MOBILIDADE A BARCELONA



A Deputación de Pontevedra deu hoxe por concluída a viaxe formativa sobre Mobilidade a Cataluña coa visita do vicepresidente César Mosquera, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e a delegación de doce concellos pontevedresa á ‘Smart City Expo World Congress' que se celebra esta semana en Barcelona. Pecháronse así catro días de traballo con asistencia a xornadas, conferencias e coa visita a varios concellos da área metropolitana de Barcelona que están a traballar no fomento da mobilidade amable e na recuperación dos espazos públicos. Todos estes eventos foron "de moito aproveitamento" para as e os participantes na iniciativa da institución provincial, que aseguraron levar de volta a Pontevedra propostas aplicables nas súas vilas coñecendo "éxitos e erros".

Na xornada de hoxe, as e os representantes dos concellos de A Guarda, Cambados, Silleda, Salceda de Caselas, Pontevedra, Grove,  Vilaboa, Ribadumia, Ponte Caldelas e Vilagarcía, asistiron no stand da Deputació de Barcelona  ‘Smart City Expo' de Barcelona a unha charla do persoal técnico provincial catalán sobre o modelo de creación de espazos verdes no centro das vilas, de participación no planeamento urbanístico, de vivenda, así como os plans de fomento de saúde a través do deseño urbano, entre outras cuestións nas que está a traballar a Deputació cos concellos do seu ámbito.

Ademais, o grupo pontevedrés aproveitou para coñecer varios stands de entidades e empresas relacionadas coa creación de ‘cidades intelixentes', tanto no ámbito da mobilidade, dos residuos como da comunicación, que están na feira para mostrar os últimos avances tecnolóxicos tanto en construción, iluminación, xestión do lixo ou outras competencias municipais. O ‘Smart  City  Expo  World  Congress 2018' é, de feito, un evento internacional sobre cidades intelixentes que cumpre este ano a súa oitava edición baixo o lema  ‘Cidades para vivir' e cun programa dividido en cinco eixos: transformación dixital, contorna urbana, mobilidade, gobernanza e finanzas, e cidades inclusivas e compartidas.

Nos últimos catro días, a delegación pontevedresa asistiu ao relatorio do vicepresidente Mosquera na cidade de Sabadell, onde falou do ‘modelo Pontevedra' e da súa posible extensión a outras cidades -tal e como se está a facer na provincia-; á xornada técnica sobre ‘Entor urbà i salut' celebrada durante todo o día de onte; así como ao relatorio da DiBa sobre o traballo de asesoramento aos concellos cataláns. Ademais desta parte teórica, coñecéronse os plans de mobilidade dos concellos de Granollers, Terrassa, Sabadell, Barcelona, e Sitges e visitáronse as solucións concretas aplicadas para recuperar espazo público para  as persoas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.