Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores". CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
6 de noviembre de 2018
AUMENTAN AS ALERTAS POR VENTO E CHOIVA
ALERTA LARANXA POR CHOIVA
Dende: 6 Novembro, 2018 - 09:00
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, nos boletíns 93-335/71 GAL, emitidos ás 16,48 horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por CHOIVAS para o Oeste e Suroeste da Coruña, precipitacións acumuladas de 80 mm en 12 horas, con previsión de inicio ás 09,00 horas do día 6 de novembro, e finalización as 00,00 horas do día 7.
Asemade, informar dos seguintes avisos de nivel AMARELO, que afectará a:
• Pontevedra (Interior)
Precipitación acumulada de 60 mm, en 12 horas
Previsión de inicio ás 12,00 horas do día 6
Previsión de finalización nas primeiras horas do día seguinte.
ALERTA LARANXA POR VENTO
Dende: 6 Novembro, 2018 - 12:00
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín 94/71 GAL, emitido ás 21,26 horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por VENTOS de ata 100 km/h, para A Coruña (Noroeste, Oeste e Suroeste), Lugo (A Mariña) e Pontevedra (Rías Baixas e Miño), con previsión de inicio ás 12,00 horas do día 6 de novembro, e finalización as 00,00 horas do día 7.
ADVERSO LARANXA POR COSTEIROS
Dende: 6 Novembro, 2018 - 14:00
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín núm. 67-92/71GAL, emitido ás 11,06 e 11,30 horas de hoxe, dun fenómeno meteorolóxico adverso por vento do Suroeste, forza 8, a intervalos, para o próximo martes, día 6:
Ambito xeográfico afectado e previsión de inicio e remate:
• A Coruña: Noroeste,Oeste e Suroeste
Previsión de inicio: día 6, ás 14,00 h
• Lugo:
Previsión de inicio: día 6, ás 20,00 h
• Pontevedra
Previsión de inicio: día 6, ás 16,00 h
Esta situación manterase activa ata as primeiras horas da tarde do mércores 7, agás para a costa de Pontevedra e Suroeste da Coruña, que se estima a súa finalización nas últimas horas da tarde do día 6.
Observacións:
• Na costa do Noroeste e Oeste da Coruña, os ventos poderán acadar forza 9 ocasionalmente, con mar combinada do Oeste, de 5 a 6 metros
• Na costa de Lugo, agárdase mar combinada do Oeste, de 5 a 6 metros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.