Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de octubre de 2018

O TENIS DE MESA CAMBADOS CONSEGUE O SEU PRIMEIRO PUNTO





A Superdivisión Masculina de tenis de mesa xa ten en xogo a todos os seus equipos, tras a disputa da segunda xornada da competición. Irún Leka Enea lidera a clasificación, pola diferenza de partidos gañados-perdidos.
Polo que respecta ao Cambados Tenis de Mesa onte no Pavillón do Pombal tivo a estrea como local ante 150 siareiros e consigueu o seu primeiro punto na máxima categoría cun empate ante Visit Pontevedra. Liang e Padin lograron os tres puntos do cadro local, mentres que Galvano e Cifuentes, por partida dobre, fixeron o propio para o Visit Pontevedra.


Sabor agridoce para os cambadeses xa que a alegría do primeiro punto despois de ir sempre por baixo no marcador únese a tristeza da sensación de poder conseguir un mellor resultado xa que Stepan que non tivo o seu dia e non conseguiu puntuar.

Entre o público pudo verse ao alcalde de Pontevedra e a alcaldesa de Cambados Fátima Abal xunto aos concelleiros Tino Cordal e Víctor Caamaño que fixeron entrega de regalos ao equipo capitalino.

Imaxes: Tenis de Mesa Cambados e F.E. de Tenis de Mesa




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.