Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de octubre de 2018

O XUVEN CAMBADOS RECIBE 35.000 EUROS PARA SANEAR A SÚA ECONOMÍA



O pasado venres  o DOG da Xunta de Galicia fixo oficiais os acordos de Patrocinio da Fundación Deporte Galego.
Todos os convenios formalizados no segundo cuadrimestre son convenios de patrocinio no marco do Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia (exercicio 2018) pola súa participación en diferentes competicións, así como pola organización de actividades neste ano 2018.


Polo que respecta ao deporte cambadés son dúas as entidades as que lles foron concedidas axudas.  Por unha parte o Club Xuventude Baloncesto que percibirá a cantidade de 35.631,12 euros que axudarán a paliar a sua maltreita economía tralo seu paso pola terceira categoría do baloncesto nacional.
Por outra banda o Club Cambados Tenis de Mesa percibirá 6.843,29 euros para competires na máxima categoría do tenis de mesa nacional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.