Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2018

CAMBADOS ZONA CENTRO RECIBE UNHA SUBVENCIÓN PARA FOMENTAR O USO DO GALEGO





Cambados Zona Centro é a única entidade cambadesa que solicitou esta subvención,  pola que vai percibir 1766 euros para o fomento do galego no comercio local.


A Deputación de Pontevedra vén de resolver a concesión das axudas para a realización de actividades de dinamización da lingua galega durante o exercicio 2018, resultando aprobadas un total de 75 solicitudes. Estas axudas, dotadas cunha partida orzamentaria de 120.000 euros, apoian iniciativas levadas a cabo por entidades sen ánimo de lucro.
Hai que lembrar que as axudas para a dinamización do galego é unha liña creada no presente mandato polo Servizo de Cultura e Lingua co obxecto de impulsar e fomentar o uso do idioma en todos os ámbitos sociais da nosa provincia, mediante o apoio ás actividades que neste eido realizan as entidades sen ánimo de lucro. Para acadar estes fins, as bases contemplaban o financiamento de actividades en catro apartados: o fomento da creación e da difusión cultural en lingua galega, que incluía certames literarios e xornalísticos, creación audiovisual e literaria, e feiras e eventos que promocionen a creación en lingua galega; sociolingüística e toponimia, referido a estudos e publicacións sobre sociolingüística, e xornadas e publicación de recuperación da toponimia; fomento do emprego do galego no comercio e na industria, encamiñado a promover xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega; e recoñecementos e distincións, no que se daba cabida a actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración das Letras Galegas ou que recoñecesen o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.