Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2018

TEATRO CARACOL FESTEXA OS 25 ANOS CUN DOCUMENTAL


 Este ano Teatro Caracol cumpre 25 anos. O pasado mes de abril o grupo de teatro cambadés tivo o recoñecemento oficial no concello, o do seu público fai venticinco anos que o ten. O goberno cambadés agradecía a Caracol a súa achega cultural Cambados.

Agora o grupo presenta un documental que repasa os 25 anos de "carreira" destes artistas.

Pódese decir que foron preto de 100 persoas as que ao longo destes anos participaron dun modo ou outro no grupo qye fixo e fará as delicias dos pequenos e dos grandes con todas as súas funcións anuais.

A Compañía de Teatro Caracol nace no ano 1992 entre un grupo de integrantes das APAS dos Colexios de Santo Tomé e de Educación Infantil A Pastora,  de Cambados, co obxectivo de achegar e dar a coñecer o mundo do teatro ós máis cativos, dirixindo esta actividade, dunha maneira especial os nenos de Infantil, preescolar e primeiros cursos Educación Primaria.
Tratábase tamén de facer algo distinto ós habituais Festivais dos Colexios, nos que o alumnado fai o papel de actor que representa para os ses mestres, os seus pais e nais, que son meros espectadores e, deste xeito, ter unha participación máis activa na vida escolar.

No nadal dese mesmo ano represéntase "LA LUNA Y YO", obriña curta que mostra unha lúa triste na soidade da noite á que lle chega a ledicia coa visita dos nenos. A experiencia foi tan enriquecedora, e a resposta dos nenos tan ilusionada, que voltouse a repeter ó ano seguinte con outro pequeno conto titulado "AS CINTAS DO NADAL", no que, nunha mistura de tradicións, unha árbore de nadal está tamén presente no Portal de Belén.

A Directora da Compañía, Olga González Vilas, foi a autora destas primeiras obras representadas; sendo tamén da súa autoría as adaptacións de contos infantís que serveron de guión nos seguintes anos, nos que as representacións van alongando a súa duración e perfeccionando a montaxe que, cada ano, faise máis complexa e expectacular, tanto no vestiario coma nos decorados, luces, son,... É así como das primeiras obras representadas para un limitado grupo de alumnos, pásase ós 3.250 expectadores que durante 10 días seguidos de representacións disfrutaron, no ano pasado dunha nova versión da Cincenta no escenario do I.E.S. Francisco Asorey.

O venres 12 oct, as 21:00 no Auditorio da Xuventude de Cambados poderase ver este documental.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.