Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de septiembre de 2018

TEATRO NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CAMBADOS




As bibliotecas públicas municipais de Galicia recuperan o pulso neste mes de setembro e ofrecen 135 actividades en todo o territorio galego dentro do programa de dinamización da lectura Ler conta moito, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura.


Do luns 17 ao xoves 20 Kamishibai presenta «As historias viaxeiras polos centros culturais das parroquias: mañá a cita será no centro cultural de Oubiña; o martes no de Vilariño; o 19 en Corvillón e o xoves 20 na casa da cultura de Castrelo.
Tódolas actuacións serán as cinco da tarde, coa entrada libre ata completar o aforo.
Montaxe onde se interpretan contos e lendas de todos os continentes e historias propias que teñen como obxeto, inculcar unha serie de valores relacionados coa cooperación, a igualdade, a concienciación ambiental e o interés pola lectura. Combina a manipulación do kamishibai e técnica lumínica emaki (teatro tradicional xaponés),escenarios despregables pop-up e revisións persoais do teatro de papel.

As Axencias de Lectura Municipais de Cambados acollerán en outubro os espectáculos da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Xa o día 24 ao 27 Carmén Domenech con "Contos para pasalo medo" actuará nas bibliotecas das parroquias cambadesas.


Da señora Antonia din que é unha meiga. Será polo seu aspecto? Sombreiro picudo, nariz afiada, verruga no rostro, a costa encurvada, andar decidido e saia morada. Ou polos seus amigos? Bandidos, pantasmas, morcegos e almas. Pero a señora Antonia, a través de cinco historias, achegaranos a un mundo de tebras onde, co humor, o amor e o terrorrrrr, ímolo pasar de meeeeedooooo.


O espectáculo "Lobo Bobo" de Elefante Elegante (Gonçalo Guerreiro) fará as delicias dos rapaces de Oubiña,  Vilariño, Corbillón e Castrelo os días 1, 2, 3 e 4 respectivamente nas bibliotecas de cada unha destas parroquias.



"Lobo Bobo" trata de que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Que acontecería se a Madrastra de Branca de Neve se convertise nun dos tres Porquiños por mirarse tanto no espello máxico?





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.