Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2018

UNHA MERDA DE CONCERTOS


Non tomedes o título deste artigo ao pé da letra

Esto vai dirixido a todos aqueles que sen coñecer aos artistas tildan os seus concertos como MERDA!!!
Este ano non foi o mellor en canto a concertos, da Festa do Albariño. Quedei bastante decepcionado co cartel. Non podo opinar si estiveron mal ou ben porque non vin ningún. So estiven un momento durante os ensaios de Kepa Junquera e non me disgustou pero desde logo como non tiña pensado ir, non fun. 
Moitos tildan de MERDA ao que non gusta e incluso o que non coñecen. E penso que é un gran erro. 
Non é nada complicado adentrarse en internet e coñecer a eses grupos que descoñeces, e despois dar unha opinión e decidir ir ou non a velos.
Moitos tildaron de MERDA o concerto de Heredeiros da Crus do ano pasado, e foi un éxito. E digoo eu que non son nada fan de esa banda. A pesar de non ser fan, fun miralos e o espectáculo foi impresionante. Xa os tiña visto hai moitos anos e recoñezo que non variou moito o espectáculo. O pouco que mudou foi a mellor.

Como dixen antes o cartel decepcionoume moito. Agardaba algo máis potente, máis internacional como nos anos anteriores para o sábado. Algo máis familiar, máis para todos os públicos para o mércores ou xoves. E para venres algo galego e folk como o de Kepa. Pero como nin eu nin a maior parte dos que leedes esto decide como se fan as cousas non podemos programar os concertos, somentes nos queda dar a nosa opinión.
O malo é cando so sae polas nosas bocas ou polos teclados a palabra MERDA.

Ningún artista é unha MERDA ou crea MERDA. Nin son malos. Simplemente con decir si gustan ou non é suficiente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.