Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de agosto de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS RECIBE 190.000 EUROS PARA MELLORA DE CAMIÑOS E VIAS LOCAIS


A Deputación aproba novas achegas por máis de 300.000 euros para dous concellos da comarca do Salnés

O Goberno de Carmela Silva financia a mellora de camiños e viais municipais de Cambados e a subministración de módulos mixtos para salvamento e aseos nas praias de Sanxenxo
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas novas achegas para os concellos de Cambados e Sanxenxo, dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2018. Estes investimentos supoñen un total de 311.158,76 euros.
Así, a institución provincial destina ao Concello de Cambados un total de 190.642,76 euros para a mellora na capa de rodaxe de camiños e viarios municipais. Con esta achega, Cambados xa recibiu 546.254,8 euros do Plan Concellos 2018, é dicir, o 33,4 7 % do plan provincial.
Pola súa banda, o Concello de Sanxenxo recibe por parte da Deputación de Pontevedra 120.516 euros para a subministración de módulos mixtos prefabricados para salvamento e aseos nas praias do termo municipal de Sanxenxo. A institución provincial xa destinou a Sanxenxo 449.803,82 euros do Plan Concellos 2018, o que supón o 22,8 %.
Este ano a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos concellos da provincia, no marco da liña 1 do Plan Concellos, case 60 millóns de euros, distribuídos entre 28.501.200 € do Plan 2018 e o adianto de 30 millóns de euros da liña 1 do Plan 2019.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.