Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de agosto de 2018

O AUDITORIO DE "A XUVENTUDE" ENCHERASE DE TEATRO EN OUTUBRO



O teatro volve a Cambados. Como cada outono, o Concello programa, en colaboración coa Rede Galega de Teatros e Auditorios, un ciclo dirixido ao público infantil e familiar que, nesta ocasión, inclúe catro títulos en cartel.

O ciclo arrancará a primeira fin de semana de octubro, coa obra Commedia, espectáculo teatral a cargo de Contraproducións
En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase Commedia, un juguete para Goldoni, un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego con máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisítase aquela experiencia. 
Arlecchino atopa unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero é detido por unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.
A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano ou a encantadora Arxentina. 

Xa na segunda fin de semana estará sobre os escearios a obra Pan! Pan!Comedia teatral da compañía A Panadaría.

Autora: Areta Bolado
Dirección: conxunta
Elenco: Areta Bolado, Noelia Fernández, Ailén Kendelman
PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescubriremos ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Coma nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!
Con este espectáculo gañaron o 1º Premio Xuventude Crea 2013.

A terceira das representacións será Estás aí? Espectáculo a cargo da compañía Redrum Producciones
Elenco artístico: Xulio Abonjo e Isabel Risco
Unha parella acaba de mudarse coa idea de comezar a vivir xuntos.
O apartamento é pequeno e incómodo, reina o caos, as caixas de mudanza abarrotan o lugar, hai problemas coa calefacción e cos veciños do andar de abaixo. Pero isto é nada comparado co que atopan no que eles supoñen o seu novo fogar: a vivenda conta coa  presenza dun home invisible. Aínda por riba, este, algo intratable polo seu carácter, non acepta de moi boa maneira a chegada da nova parella.

Por último pechará o ciclo de outono de teatro a obra 1897 Casa de bonecas, Drama teatral a cargo da compañía Estudo do Momento
Casa de Bonecas ou "O escándalo dunha muller que marcha da casa". Así foi considerada na súa época esta gran obra, froito da dramaturxia do pai do teatro realista contemporáneo, Henrik Ibsen, en 1879. Un alegato feminista que se converteu co paso de tempo na celebración da independencia da muller nunha sociedade de homes. Con Casa de Bonecas o espectador revive o nacemento dunha das maiores heroinas do teatro, Nora Helmer. Esposa e nai perfecta, esconde sen embargo un perigoso segredo, anos atrás falsificou unha firma para conseguir un préstamo. Cando todo sae á luz, descobre que o seu home non a considera máis ca un obxeto da súa propiedade, provocando un desenlace de escándalo.
Esta revisión do clásico, centrada no matrimonio Helmer, crea no espectador a sensación de estar convidado á intimidade do fogar, como se o estivese a ver todo através dunha ventana indiscreta...
Este espectáculo foi galardoado co I Premio Luísa Villalta pola Igualdade concedido pola Deputación da Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.