Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de agosto de 2018

LAUREANO OUBIÑA ¿ENEMIGO PÚBLICO CAMBADÉS?

Hai unha noticia  desta pasada Festa do Albariño que non  me resisto a comentar como foi o feito da  retirada por parte do Concello dun posto que  Laureano Oubiña solicitara, a través de unha terceira persoa,  para vender (xunto a outros produtos de “merchandaising”) o seu libro de memorias  alegando, dende o consistorio, que se tomaba dita medida pra “non prexudicar a imaxe de Cambados”.  
Vaia por diante que non teño nin a fortuna nin a desgraza de coñecer persoalmente a Laureano Oubiña,  mais alá de todo o que se leva escrito e publicado, todos estes anos, nos medios de comunicación, en relación ao seu pasado no mundo do narcotráfico, á súa posterior condena e prisión  e a súa volta á actualidade, tras quedar en liberdade, por motivos como a demanda que interpuxo (con toda a razón do mundo) contra a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, quen nun medio de comunicación insinuara (sen aportar proba algunha)  que o cambadés traficara con sustancias distintas ao haxix, (sustancia esta pola que si foi condenado no seu dia); aclaro que isto non é, en ningún caso, unha defensa de Laureano Oubiña; o coñecido cambadés terá
moita penitencia que purgar polos seus “pecados” pero o que fixo a señora Avendaño é igualmente  criticable porque, por moito odio que lle poida ter (que llo ten) ao ex narcotraficante, iso de “tirar a pedra e agochar a man”, mais aínda nunha persoa da súa relevancia tamén é denunciable, e isto dígoo, coñecendo a posterior sentenza que absolveu á señora Avendaño de dita demanda.
Dende logo unha cousa está clara e creo que moi pouca xente a  poderá discutir como é o feito de que a persoa de Laureano Oubiña non deixa a ninguén indiferente:  para uns será un “chuleta”, para outros un “bocazas” e, para moitos, sinxelamente, é unha persoa desprezable  aínda que, tamén e certo, que hai xente que sae na súa defensa e o apoia; eu, soamente, vou dicir unha cousa en relación a toda  a esta polémica i é que creo que o Concello de Cambados equivocouse totalmente.
Laureano Oubiña pode que fora un narcotraficante, que o foi,  como así quedou establecido no seu dia na sentenza que o condenou por narcotráfico   pero, do mesmo xeito, eu, persoalmente, creo que todo o mundo ten dereito a unha segunda oportunidade e, como ven recollido na Constitución Española, as penas de prisión deben ir orientadas a reinserción e rehabilitación do penado.
Cando fai algo máis dun ano  Laureano Oubiña saía da cadea, tras obter o terceiro grado,  manifestou o seu desexo de facer a vida normal dun xubilado, que coa idade que tiña  é o que lle quedaba; moitos poderán pensar que tal actitude é, simplemente, unha “pantomima”  e outros, pola contra, que fala con total sinceridade, o tempo dirá quen se equivoca e quen ten razón pero o certo é que,  a dia de hoxe, Oubiña xa ten saldada a débeda que tiña coa sociedade e, por iso, non entendo a que veu a actuación do Concello ao  retirarlle o seu posto na Festa do Albariño cando, ao fin e ao cabo, o único que facía era vender o seu libro i exercer o seu dereito a expresarse libremente.
Obviamente o que estivo fora de lugar i é igualmente criticable foi a reacción de Laureano Oubiña cando a policía local  foi a comunicarlle a notificación do Concello para que retirara o posto e, posteriormente, os comentarios que colgou no seu perfil en Facebook no que dicía, entre outras cosas,  que si o concelleiro de Tráfico fuxiu no seu dia dun control de tráfico ou que, outro concelleiro, foi sancionado por “consumir en público una sustancia estupefaciente de color blanco”; hai que sinalar que,   en ambos casos, tales feitos producíronse cando ditos concelleiros aínda non ocupaban tales cargos e que, no caso do concelleiro que “consumiu unha sustancia estupefaciente” a sanción foi polo seu consumo nun lugar público porque estou seguro que Laureano Oubiña sabe tan ben coma min que no  noso Código Penal o autoconsumo non está penado; en calquera caso este feito que, como xa sinalei, produciuse antes de que dito concelleiro asumira o cargo, pertence ao ámbito da súa vida privada e non afecta a súa capacidade para desenrolar a súa actividade pública; sen ir mais lonxe, eu, fai uns anos, nun artigo comentaba un encontro que nun piso, promovido polo seu asesor, tivo certo alcalde (hoxe ex alcalde) con outros membros do seu partido cunhas señoritas “de compañía” e sinalaba que iso pertencía ao seu ámbito privado e que o único que cabía preguntarse  é si tal encontro foi pagado con fondos públicos.

En calquera caso ( i esta é unha opinión moi persoal miña) penso que no fondo o Concello de Cambados fíxolle un gran  favor a Laureano Oubiña; eu non sei cantos libros da súas memorias tiña pensado vender o cambadés na Festa do Albariño pero o que está claro é que recibiu unha publicidade gratuíta que non ten prezo e para elo soamente hai que ver a cantidade de medios locais, rexionais e nacionais que se lle fixeron eco da nova e si alguén ten, aínda,  algunha dubida ao respeto ten un exemplo de fai, soamente, uns poucos meses….. Cando en marzo deste mesmo ano a titular do xulgado de instrucción nº 7 de Collado Villalba (Madrid) ordenou o secuestro do libro “Fariña” do xornalista Nacho Carretero, iso provocou que , en moitas librerías, que aínda o tiñan en stock se esgotara rápidamente; paralelamente o canle de televisión Antena 3  aproveitando toda a polémica e o morbo provocado acelerou o estreo da serie basada en dito libro; pois, ben, os datos de “share” acadados por dita serie con toda a polémica xa o deixan claro: a produción chegou a ter picos de audiencia de case 3.400.000 espectadores e ser líder absoluto na súa franxa horaria, deixádeme que sinale que ese número de espectadores, para unha serie que se emitía a partir das once menos vinte da noite dun día de semana son uns datos que non se esperaba nin a propia canle de televisión,  o que ten levado aos produtores a pensar en rodar unha segunda tempada.
Queirámolo ou non, o nome de Cambados, o do Salnés e o da Ria de Arousa está asociado, irremediablemente,  ao narcotráfico dende fai tempo cando, por exemplo, unha anterior corporación municipal, no seu dia, entregoulle unha placa e fíxolle unha homenaxe, digna dun xefe de Estado,  a un coñecido narcotraficante, tamén de Cambados; por certo, o alcalde daquela corporación municipal, tempo despois, chegou ao esperpento máis absoluto cando propuxo á Comisión de Goberno emprender accións  xudiciais contra o grupo “Orquesta Plateria” porque nunha canción dicía algo asi: “Los muchachos de Cambados no pueden contrabandear porque el gobierno tiene una lancha que puede con los golfos del mar” …  ¡tremenda ofensa! E iso o propuxo o alcalde que anos antes entregoulle a placa a dito narcotraficante e co que se podía ver, en ocasións, acompañalo nos seus coches de alta gama. …. Por certo unha dúbida que aínda teño hoxe en dia  é si tamén dito alcalde chegou a sopesar tomar a mesma medida contra a produtora da película “Airbag” (1997) pois nun momento dado de dito film, un narcotraficante, interpretado maxistralmente por Manuel “Manquiña” dicía, mirando unha foto da súa esposa: “(….) Me encuentro  sólo, solisimo ¡ay Carmiña! tú en Cambados y yo en el Pais Vasco”.
Podería falarse “largo e tendido” do problema da droga, a súa legalización ou non e toda a hipocrisía que rodea a este tema, para rematar simplemente vou deixar un dato: un cigarro  de tabaco rubio de calquera marca que podemos atopar no mercado conten mais de 800 sustancias nocivas para o corpo humano, moitas delas canceríxenas; os gastos sanitarios derivados de tratar e paliar as enfermidades provocados polo tabaco cústalle anualmente  á Sanidade Publica centos de millóns de euros; incluso a Organización Mundial da Saude (OMS) chegou a declarar que o tabaco mata cada ano a uns seis millóns de persoas e definiuno como “unha das maiores ameazas para a saúde publica que tivo que afrontar nunca o mundo” pois ben: si é un droga   (legal pero droga ao fin e ao cabo) e , cientifícamente, está demostrado o seu dano ¿Por qué non se ilegaliza? A resposta é sinxela e, simplemente, hai que ver no que recada, anualmente, o Estado con este produto en impostos e tasas ….. iso si que a ti non se cho ocorra plantar marihuana na túa horta, planta infinitamente menos daniña e que, incluso, en diversos países utilizase con fins terapéuticos no tratamento de enfermidades porque exposte a que te deteñan ….. ¿isto é ou non é hipocrisía?       
UN SAUDO A TODOS

RICARDO DOMINGUEZ REY






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.