Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de agosto de 2018

A DEPUTACIÓN INCREMENTA ATA OS 63.579,63 EUROS O FINANCIAMENTO DA POLÍTICA SOCIAL EN CAMBADOS



A Deputación incrementa este ano ata os 623.000€ o financiamento da política social dos concellos de Salnés que chega a máis de 1.750 persoas beneficiarias

Os servizos comunitarios básicos, o SAF, as axudas de emerxencia, a teleasistencia e os programas de ocio ou respiro familiar son iniciativas financiadas pola Deputación
Co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida dos cidadáns e cidadás e especialmente as familias que necesitan unha maior asistencia, a Deputación de Pontevedra, a través dos seus programas de Cohesión Social, está a financiar a política social dos concellos da provincia. No caso da comarca do Salnés, este ano beneficia ata o momento a máis de 1.750 veciños e veciñas dos concellos de Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Catoira, Pontecesures e Valga, cun investimento de 623.965 euros.
Estamos a falar dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos e o Servizo de axuda no Fogar; as axudas básicas de emerxencia e a teleasistencia, servizos dos que está excluída Vilagarcía de Arousa por ter máis de 20.000 habitantes e de teleasistencia, así como todos os programas de ocio ou respiro familiar dependentes da Deputación de Pontevedra como Depotermal, Depo en Marcha ou Depo Aventura A Lanzada, entre outros.
No caso de Vilagarcía de Arousa, o goberno provincial de Carmela Silva destinou, no que vai de ano, ás políticas sociais da vila un total de 15.419,70€ dos que se están a beneficiar preto de 250 veciñas e veciños do concello. Trátase de persoas usuarias dos programas de ocio, respiro familiar ou envellecemento activo que promove a Deputación, como por exemplo Depotermal e Depo en Marcha, ou das iniciativas dirixidas á xuventude, como Depo Aventura A Lanzada. Neste último programa, son 100 rapazas e rapaces de Vilagarcía os que están gozando da iniciativa.
En Vilanova de Arousa, a Deputación está destinando para políticas sociais destes municipio, no que vai de 2018, un total de 97.620 euros, dos que se están beneficiando algo máis de 150 veciños e veciñas. A través das achegas da Deputación, a veciñanza pode contar cun plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, que contou con máis de 30 usuarios e usuarias en 2017; e as axudas básicas de emerxencia, que atenden as demandas dos veciños e veciñas que se atopan en situación de risco ou exclusión social e que o pasado ano beneficiaron a 39 familias de Vilanova. Finalmente, a Deputación tamén financia o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano 2018 a 14 maiores ou persoas con diversidade funcional do concello que viven soas ou con dificultades para desenvolver actividades cotiás.  En canto aos programas este ano están a ser algo máis de 70 persoas do concello de Vilanova as beneficiadas. Falamos, entre outros, de programas como Depotermal, que ofrece a posibilidade de pasar uns días -con ou sen pernoita- en balnearios da provincia; Depo en Marcha, para gozar dos obradoiros que ofrece a Deputación; e Depo Aventura A Lanzada, no que este ano participan 28 nenos e nenas da vila. Todas estas iniciativas teñen, ademais, prazas de balde para as familias con menos recursos.
Pola súa banda, no concello da Illa, a institución provincial investiu, ata o de agora en 2018, un total de 31.044,5 euros para financiar as políticas sociais da vila, das que se están a beneficiar preto de 70 persoas. Con estes cartos da Deputación, a veciñanza pode contar cun plan de atención social, cuxo servizo de axuda no fogar chegou a 9 persoas en 2017, e coas axudas básicas de emerxencia, que beneficiaron a 10 unidades de convivencia o ano pasado.  Con respecto aos programas, neste 2018 están a ser preto de 50 persoas da Illa as beneficiadas de Depotermal, Depo en Marcha e DepoAventura A Lanzada, no que participan 12 nenos e nenas da vila.
En relación a Cambados, cun investimento de 63.579,63 euros, son preto de 180 veciños e veciñas os que se están a beneficiar das políticas sociais apoiadas polo Goberno provincial. Con estas achegas ofrécese asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, que tivo 30 persoas usuarias en 2017; as axudas básicas de emerxencia, que o ano pasado beneficiaron a 36 familias de Cambados; e o programa de teleasistencia domiciliaria que apoia este ano a 24 persoas maiores ou con diversidade funcional que viven soas ou teñen dificultades para a vida cotiá. En canto aos programas que promove a Deputación, como Depotermal, Depo en Marcha ou DepoAventura A Lanzada, este ano benefician a preto de 90 veciños e veciñas. Nos campamentos da Lanzada, están gozando máis de 40 nenos e nenas.
A Deputación destinou, no que vai de ano, ás políticas sociais do Grove un total de 66.479,32 euros, das que están gozando unhas 200 persoas da vila. A través destas achegas, préstase asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, con 18 persoas usuarias en 2017; as axudas básicas de emerxencia, que en 2017 beneficiaron a 60 familias do Grove;  e o programa de teleasistencia domiciliaria, que este ano axuda a 33 persoas usuarias. Dos programas están gozando máis de 90 veciños e veciñas do municipio, participando en DepoAventura A Lanzada un total de 22 rapaces e rapazas do Grove.
En Sanxenxo, a través das achegas da Deputación, estanse desenvolvendo políticas sociais das que se benefician algo máis de 300 veciños e veciñas do municipio, cun investimento total, no que vai de ano, de 81.418 euros. Mediante as achegas do Goberno provincial, Sanxenxo conta cun plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, con preto de 15 persoas usuarias en 2017; as axudas básicas de emerxencia, que o ano pasado beneficiaron a 102 unidades de convivencia da vila; e o programa de teleasistencia, co que en 2018 se está apoiando a preto de 40 persoas usuarias. Dos programas impulsados pola Deputación estanse aproveitando de 150 veciños e veciñas de Sanxenxo. En concreto, en DepoAventura A Lanzada están participando 30 rapaces e rapazas da vila.
A través dos programas e iniciativas de Cohesión Social, a Deputación leva investido neste 2018 un total de 70.821,85 euros no concello de Meaño, dos que se están beneficiando máis de 220 veciños e veciñas deste municipio do Salnés. Ofrécese asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, con 15 persoas usuarias en 2017, e as axudas básicas de emerxencia, que o ano pasado apoiaron a 25 familias do municipio. En canto aos programas, neste ano estanse achegando a preto de 190 veciños e veciñas de Meaño. En DepoAventura A Lanzada están participando preto de 20 rapazas e rapaces da vila.
No concello de Meis, a Deputación leva aportado, no que vai de ano, para diferentes políticas sociais un total de 44.818,62 euros, dos que se están beneficiando preto de 100 persoas. Mediante estas achegas provinciais, Meis conta cun plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, con 5 persoas usuarias en 2017; as axudas básicas de emerxencia, que en 2017 beneficiaron a 11 familias do municipio; e o programa de teleasistencia domiciliaria, con 3 persoas usuarias no que vai deste ano 2018. Con respecto aos programas, neste ano estanse beneficiando preto de 80 veciños e veciñas, dos que en DepoAventura A Lanzada están participando 20 nenos e nenas da vila.
En Ribadumia, no que vai de 2018, a Deputación ten aportado un total de 42.655,4 euros, dos que se están beneficiando preto de 80 veciñas e veciños. Con estas achegas, Ribadumia conta cun plan de atención social, que ofrece asistencia económica para os sociais comunitarios básicos co servizo de axuda no fogar, que tivo 9 persoas usuarias en 2017; as axudas de emerxencia, que o ano pasado beneficiaron a 3 familias do municipio; e o programa de teleasistencia domiciliaria, que neste exercicio está axudando a 12 persoas usuarias. Dos programas como Depotermal, Depo en Marcha ou Depo Aventura A Lanzada, están gozando neste ano máis de 50 veciñas e veciños de Ribadumia, dos que 17 son rapazas e rapaces que se teñen achegado aos campamentos de Depo Aventura A Lanzada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.