Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de agosto de 2018

A COMISIÓN ESPECIAL DE CONTAS DO CONCELLO DE CAMBADOS APROBA O DITAME FAVORABLE DA CONTA XERAL 2017



O Concello de Cambados aprobou este martes 21 de agosto o ditame da Conta Xeral do exercicio 2017 na Comisión Especial de Contas, cos votos a favor dos catro grupos que integran o goberno municipal e coa abstención do Partido Popular.

O Goberno local de Cambados saldou as contas correspondentes ao exercicio 2017 cun superávit de 207.667,37 euros, segundo o resultado da Conta Xeral, e cuns ingresos de 9.664.373,96 euros, a pesar de reducir o IBI un 17% nesta lexislatura e crear un gran número de bonificacións fiscais das que se benefician máis de 2.000 veciños e empresas de Cambados en impostos e taxas, sendo a fonte principal destes ingresos o incremento de transferencias correntes e de capital doutras administracións.

O Plan Económico Financeiro do Concello de Cambados para o período 2016/2017, fixaba unha estimación de capacidade de financiamento para o exercicio 2017 de 269.635,66 €. Polo que a capacidade de financiamento resultante da Liquidación 2017 (207.667,37 €) foi inferior á estimación do PEF. Cunha diferenza de 61.698,29 €, en todo caso, o resultado do análise do
obxectivo de estabilidade orzamentaria da Liquidación 2017 é de cumprimento, resultando un superávit de 207.667,37 €.

No tocante ao Gasto computable da Liquidación do exercicio 2017 foi de 7.778.659,37 euros, e de acordo co disposto no artigo 12.1 LOEOSF, segundo parágrafo, a senda de crecemento para aquelas entidades que teñan aprobado un Plan Económico Financeiro é a establecida no propio Plan, e que ascendía a un importe previsto no Plan de Axuste Económico Financeiro de 8.618.225,66 euros, polo que o resultado do análise da regra de gasto da Liquidación 2017 foi de cumprimento, ao non superarse o límite do gasto computable previsto no PEF para 2017 cunha diferenza de 839.566,29 euros.

Polo tanto, non procede a aplicación do artigo 25 da LOEOSF -onde se recollen as medidas coercitivas por incumprimento dos plans económicos financeiros- xa que a liquidación arroxa un resultado de superávit, polo que non son necesarias medidas para acadar un obxectivo de estabilidade que xa se cumpre.

Os datos contables facilitados do cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, da regra de gasto e da débeda pública, presenta un remanente de tesourería ascende a 126.436,75 euros, un Aforro Neto de 477.550,26 euros e no tócante a liquidez municipal o informe de Liquidación Orzamentaria do exercicio 2017 indica que as arcas do Concello manteñen a peche de 2017 un saldo bancario de 1.123.935,85 euros e uns Remanentes de Crédito a fin do exercicio de 1.774.752,06. O que supón pechar o 2017 con 356.338,64€ máis
de liquidez que no exercicio 2016.

No tocante o endebedamento, o Concello de Cambados, pechou o exercicio cunha débeda viva pendente de amortizar a 31 de decembro de 2017, polos préstamos concertados e vixentes, segundo se desprende dos Estados financeiros, que ascende a 1.266.327,52 euros e coa previsión de que ao peche deste exercicio chegue a 1.003.483,46€, que supón un 14,29 % dos dereitos recoñecidos netos por operacións correntes. Non superando o límite do 110% establecido na Disposición Adicional 14ª do Real Decreto Lei 20/2011, de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público.

Estes datos contables débense, en gran medida, ao rigor e a responsabilidade coas que se xestionan os balances do municipio, pois un dos obxectivos fixados é o de establecer criterios acordes coas necesidades económicas, sen gastar máis do que se ingresa. A xestión do Concello, procura axustarse á realidade orzamentaria sen que iso vaia en detrimento do desenvolvemento e a prosperidade do municipio. Unha política económica eficaz non é incompatible coa boa xestión e a redución de impostos aos nosos veciños xunto co incremento de bonificacións fiscais. Pasando dunha mala situación económica, que levou ao Concello de Cambados a someterse a un Plan de Axuste baixo a tutela financeira doutras administracións, a rematar a lexislatura saneando as contas municipais reducindo a débeda, aumentando a  liquidez e cumprindo cos parámetros que marca o Plan de Axuste Económico Financeiro para sacar a flote as contas municipais.

A Conta Xeral deberá ser aprobada polo Pleno da Corporación antes do 1 de outubro (artigo 193.4 do RDL 2/2004). Lémbrase que, tal como se indica no apartado da regra 49 a ICAL 2013, a aprobación da Conta Xeral é un acto esencial para a súa fiscalización polos órganos de control externo, que non require a conformidade coas actuacións reflectidas nela nin xera  responsabilidade por razón destas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.