Non pode haber triunfalismo ante a desesperación da cidadanía polas listas de espera.
Comunicado da Asociación Galega de Defensa da Sanidade Pública:
A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere mostrar a súa preocupación, trala publicación das listas de agarda, a data do 30 de xuño do 2018:
1-A Xunta de Nuñez Feijoo manten a súa política de ocultamento, dado que non se publican as listas non estruturais que inclúen aos pacientes que rexeitan ser atendidos, en centros privados concertados e aos de enfermidades complexas que non atende a privada-concertada. Segundo as nosas estimacións pódense estar ocultando máis da metade dos enfermos pendentes de intervencións cirúrxicas.
2- Pese a ésto, as listas publicadas non experimentan unha mellora significativa si acumulamos 33.024 pacientes pendentes de operación e 161.577 pendentes de consulta con especialistas hospitalarios. O tempo medio é de máis de dous meses para cirurxía e un mes para primeira consulta, o que indica a incapacidade da Consellaría de Sanidade para mellorar o principal problema da Sanidade Pública Galega.

4-Resulta preocupante a espera para algunhas probas diagnósticas como dous meses para unha Resonancia Magnética ou un mes para o PET (proba que permite diagnosticar a diseminación de tumores malignos). É tamén paradoxal, que se tarde 119 días (máis de tres meses) en realizar unha endoscopia dixestiva trala posta en marcha do Screening de cancro colo-rectal que pretende realizar un diagnóstico precoz deste problema na poboación.
5- Si sumamos as esperas de primeira consulta con especialistas hospitalarios (37 días), a de probas diagnósticas (pode superar os 130 días) e a de cirurxía(57,8 dias) o tempo medio para resolver un problema de saúde que requira intervención cirúrxica pode superar os 200 días. Como este dato é unha media, moitos pacientes poden superar o ano ou ata dous, como se ven denunciado periodicamente.
En resumo: máis do mesmo para o principal problema sanitario en Galicia, que demostra a falta de recursos en sanidade, despois dos recortes, a incapacidade de xestión da Consellaría e a deriva privatizadora da política sanitaria de Feijoo. Pero queda claro que a tendencia para o PP, pasa polas empresas sanitarias privadas, algo que a AGDSP seguirá denunciando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.