Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de julio de 2018

PRESENTADA A FESTA DO ALBARIÑO 2018


Esta edición da Festa do Albariño está pendente de obter a Declaración de Interese Turístico Internacional.
O Concello ten xa remitidos e realizados todos os trámites necesarios pero está a expensas de que a Axencia Galega de Turismo asine os informes correspondentes para que poidan ser enviados ao Ministerio de Turismo.
Xestións que se están alongando máis do agardado, segundo recoñecía esta mañá a alcaldesa Fátima Abal, durante a presentación da Festa.
Por outra banda, o evento terá este ano e por primeira vez unha muller como pregoeira.
Será a cambadesa Merchi Alvarez en recoñecemento ao esforzo que ven facendo dende hai anos na loita contra o AME, enfermidade que ela mesma padece.
Ademáis, co seu traballo está levando o nome de Cambados por todo o país.
O Presidente da D.O. Rías Baixas, Juan Gil de Araújo, adiantou que nesta 66 edición da Festa do Albariño haberá 42 casetas, de 44 adegas que, finalmente, zanxada toda polémica, permanecerán abertas ata pasadas as 3 da mañá.
No concurso do Albariño participarán 58 adegas para converterse no mellor viño Rías Baixas da última colleita.
Como novidade este ano, realizaráse unha recepción oficial aos tres gañadores para que teñan máis recoñecemento.
Tamén haberá unha 8° edición do Túnel do Viño con 60 adegas e 161 marcas e 10 catas temáticas.
En canto o operativo de seguridade e limpeza, o edil, José Ramón Abal, explicou que se reforzará a seguridade, cun posto de mando avanzado, videovixiancia, patrullas mixtas de policía local e Garda Civil e control de aforo na Praza de Fefiñáns.
Ademáis, o servizo de limpeza contará con 60 operarios, 3 minipalas, un camión de baldeo, e ademáis, a través dun novo convenio con Ecovidrio instalaránse 15 contedores de vidro. Tamén, por primeiro ano, haberá 6 contedores de cartón para reciclar as caixas de viño, por elo, Abal, pide as adegas que deixen o cartón apilado detras das casetas para a súa recollida.
Sobre o referente ao servizo de emerxencias, o concelleiro de sanidade, Tino Cordal avanzou que o concello contratou dúas ambulancias medicalizadas, unha delas estará fixa na Praza de Fefiñáns, debido á negativa da Xunta para dispoñer deste servizo no Salnés.
Do mesmo xeito, asegurou que xa se solicitou ao Sergas o reforzo no PAC con tres médicos e dúas enfermeiras pero o concello ainda non recibiu resposta.
Neste sentido, dende o goberno local recoméndase o uso de calzado pechado para evitar os cortes por vidro e, do mesmo xeito, non colgar a copa do pescozo.
No tocante ao Xantar Solidario, o menú será como outros anos, a 40€ máis 5€ que se destinarán este ano ao Refuxio de Animais de Cambados.
Tamén, por segundo ano, ubicaránse os Foodtrucks na estrada do Paseo da Calzada e instalaránse unhas lonas para dar máis sombra.
Ademáis, os comercios da vila asociados a Cambados Zona Centro porán un racimo de uvas feito con globos nas súas fachadas para dar máis vistosidade.
Sobre a programación cultural, o edil Víctor Caamaño destacou a aposta pola música galega e artistas locais así como a elección de diferentes espazos singulares para ubicar concertos e outras actividades como circo e teatro e que sirve, de igual modo, para promocionar o municipio.

Fonte: Arousa Si Radio Salnés



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.