Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2018

CHARLA SOBRE REUMATOLOXÍA EN CAMBADOS



A concellería de Sanidade, Servizos Sociais e Terceira Idade de Cambados, que dirixe Tino Cordal, organiza unha charla sobre reumatoloxía en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega (LRG). O obxectivo fundamental desta actividade é informar sobre os problemas reumáticos e como poder prevelos, ou axudar a palialos.
O 22% dos galegos e galegas padecen enfermidades reumáticas e músculo-esqueléticas, que non afectan soamente á xente maior senón tamén á mocidade. Tendo en conta estes datos, trátase dunha problemática que precisa moita atención por parte das autoridades sanitarias. Ademais, os concellos poden celebrar actos como o que se vai desenvolver en Cambados para informar á poboación ao respecto das enfermidades reumáticas.
A charla será impartida polo Doutor Rafael Melero do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e será presentada polo propio concelleiro de Sanidade cambadés, Tino Cordal. A conferencia terá lugar no salón de actos de ExpoSalnés, sito no paseo da Calzada, este martes 19 de xuño ás 20 horas. O título da mesma é: “Teño unha enfermidade reumática e… agora que?
Cordal anima a todos os cambadeses e cambadesas que sofren problemas reumáticos a acudir a esta charla na cal poden coñecer algunhas das claves que lles proporcionen axuda para minorar as súas dores e contribúan a reducir os efectos destas enfermidades.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.