Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2018

240 VECIÑOS DE CAMBADOS DESFRUTARON DA EXCURSIÓN A ONS PARA MAIORES



Os cambadeses participaron na excursión marítima organizada pola Concellaría de Servizos Sociais e Terceira Idade que dirixe Tino Cordal

A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade, dirixida por Tino Cordal, organizou no día de hoxe una excursión gratuíta a Ons para maiores de 60 anos. A excursión estaba prevista para o pasado xoves 7, pero debido ás condicións meteorolóxicas adiouse ata hoxe 14 de xuño.
O Concello alugou con esa finalidade un catamarán que saíu ás 10 da mañá do porto de Tragobe. A viaxe de Cambados a Ons en barco durou unha hora e 10 minutos, nun percorrido que cruzou a Ría de Arousa para deleite dos participantes na mesma.
Foron finalmente un total de 240 excursionistas cambadeses os que participaron nesta excursión marítima, logo de que se decidiu alugar un catamarán máis grande trala ampla demanda existente, posto que en apenas uns días inscribíronse no Concello máis de 200 persoas, participando na viaxe a totalidade das persoas inscritas nesta viaxe.
O xantar en Ons correu por conta dos excursionistas, así un total de 190 persoas comeron no restaurante existente na illa e o resto de participantes decidiron levar a súa propia comida da casa. O regreso estaba previsto para ás 18:45, chegando a Cambados sobre ás 20 horas.
A viaxe esta sufragada integramente pola partida orzamentaria para a Terceira Idade do Concello de Cambados. E foron acompañados polo Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, xunto con técnicos municipais, un médico e unha enfermeira, que contaron tanto cun desfibrilador portátil do Concello como un botiquín de primeiros auxilios para atender calquera incidencia que puidera ocorrer durante a viaxe.
Os excursionistas que participaron nesta viaxe, puideron desfrutar do entorno do Parque Natural das Illas Atlánticas e percorrer as distintas Rutas que se realizaron tanto a maña como ao remate do xantar: a Ruta do Faro, a do Burato do Inferno, a da Praia de Melide ou a do Canexol.
A Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Terceira Idade entende que este tipo de actividades son moi beneficiosas para a saúde física e mental dos nosos maiores. Ademais, moitos deles desfrutaron dunha oportunidade única para visitar Ons, unha illa que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.