Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS INVITA OS VECIÑOS A PARTICIPAR, POR TERCEIRO ANO CONSECUTIVO, NO REMONTE XACOBEO DO ULLA



O Concello de Cambados convida os veciños do municipio e visitantes a participar no Remonte Xacobeo do Ulla, que, por terceiro ano consecutivo, partirá desde o porto de Tragove. A XXXIV edición da Traslatio, que conmemora a chegada a Galicia por mar do corpo do Apóstolo Santiago, celebrarase o domingo 1 de xullo cun percorrido desde Cambados ata Padrón. O catamarán sairá ás 16:15 horas da tarde desde o porto de Tragove, con chegada a Padrón sobre as 18:20 horas e regreso a Cambados ás 19:00 horas. O Concello de Cambados quere, un ano máis, facer partícipes aos veciños e visitantes desta peregrinación do Ulla e, ao mesmo tempo, promover a Ruta Marítimo-Fluvial pola Ría de Arousa, o primeiro dos camiños de peregrinación. A invitación para este evento está aberta o público en xeral e é gratuita, eso sí, necesitarase inscrición previa a partir do Luns 18 de Xuño  na  Oficina de Tursimo de Cambados, a través dos teléfonos 986 520 786 //  986 520 943 Ext. 769 ou ben a través do mail  turismo@cambados.es.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.