Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de junio de 2018

A XUNTA REFORZARÁ O FIRME NA VÍA DE ALTAS PRESTACIÓNS QUE COMUNICA A AUTOVÍA DO SALNÉS EN RIBADUMIA, CON CAMBADOS E VILAGARCÍA DE AROUSA


Imaxe: La Voz de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda investirá nesta actuación preto de 670.000 euros
A intervención comezarán na VG -4.2, entre a saída 7 (AG-4.1) - Cambados (PO-300), ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados, e continuarán na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640)
Na execucións destes traballos inclúese a reposición completa da sinalización horizontal e a mellora da sinalización vertical
As obras buscarán afectar no mínimo posible a influencia no tráfico
A Xunta cumpre o seu compromiso de velar polo bo estado das estradas autonómicas e incrementar a seguridade da rede viaria, co fin de mellorar a mobilidade dos seus usuarios.
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezará a partir deste luns as obras de reforzo de firme na vía de altas prestacións que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia, con Cambados e Vilagarcía de Arousa.
As actuacións obxecto desta intervención consisten na realización de reparacións localizadas nos treitos máis deteriorados pola circulación viaria nesta estrada autonómica, cun investimento do departamento de Infraestruturas da Xunta de preto de 670.000 euros.
As obras que se iniciarán este luns, comezarán coa rehabilitación do firme na VG -4.2, entre a saída 7 (AG-4.1) - Cambados (PO-300), ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Cambados. E continuarán pola VG-4.3, que discorre polos Concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.
A intervención na VG-4.2, inclúen o reforzo do firme ao longo de toda a estrada, de 4,39 km. Os traballos consisten na extensión dunha nova capa de firme en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías, dende o p.q. 0+000 ao 4+389.
As tarefas programados pola Xunta nesta estrada autonómica continuarán a facerse tamén na VG-4.3, Cambados (PO-300)- Vilagarcía de Arousa (N-640).. As obras que discorren polos Concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova de Arousa se executará ao longo de toda a estrada, de 8,19 km.
Na execucións destes traballos inclúese tamén a reposición completa da sinalización horizontal de ambos tramos e a mellora da sinalización vertical.
Estas obras, que dispoñen dun prazo de execución de catro meses, buscaran minimizar a influencia na circulación do tráfico, e afectar no mínimo posible a mesmo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.