Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de junio de 2018

VIDEAFEST 2018: UNHA EXPERIENCIA PARA OS SENTIDOS, VOLVE A CAMBADOS


VideaFest é un brindis entre o mundo vitivinícola e o cultural. Disfrutarás dos mellores filmes da historia relacionados co mundo do viño. Maridaxe de música, gastronomía, arte, cinema e viño, en adegas e entornos únicos.
O Videa Fest de Cambados regresa este ano cun programa centrado en catro días con novas adegas que se foron sumando ao proxecto, recuperando novos espazos e engadindo novos productos de calidade.
Serán catro experiencias en espazos ou entornos vitivinícolas nas que se misturan cine, paisaxe, gastronomía, arte, música e viño.
Unha "combinación perfecta", segundo o Concelleiro de Cultura de Cambados, Víctor Caamaño.
Nesta segunda edición as actividades seran os días 28, 29, 30 xuño e 1 de xullo.
As entradas, que terán un prezo de 8 euros, pódense mercar dende xa a través da web videafest.com ou na Oficina de Turismo de Cambados.
O Festival comeza o xoves 28 ás 20h en Pazo Baion, coa actuación de Gonzalo Arca, a proxección da película “Un paseo polas nubes” e as catas de Condes de Albarei e queixos de Galicia.
O venres 29, tamén ás 20 horas, o espazo elexido será Terras de Lantaño, onde actuarán Nacho Pérez Trio, exhibirase o film “Bon Appetit” e degustaranse productos de embutidos Montiño
O sábado 30, igual ás 20 horas, as actividades serán na adega Lagar de Costa, a actuación correrá a cargo do dúo Fado Violado, proxectarase a pelícúla “ O Secreto de Santa Victoria” e poderán probarse Conservas Mariscadora
Por último, o 1 de xullo pecharase o Videa Fest ás 12 horas na Fundación Manolo Paz, co concerto de clausura do dúo Cómplices, os viños de Paco e Lola e os productos de novo de Conservas Mariscadora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.