Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de mayo de 2018

CONCERTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS



Hoxe venres 18 ás 20:00 no Auditorio da Xuventude interpretarase o concerto “Herdeiras”, con Carmen Penim (voz), Maurizio Polsinelli (piano), Javier Rabanal (contrabaixo) e Noli Torres (batería).
2naFronteira interpretarán temas de Herdeiras e cancións con poemas de María Victoria Moreno.

Dúo ítalo-galego de compositores e intérpretes: voz, piano e harmonio. Constitúe unha das propostas de calidade máis orixinais e eclécticas do panorama musical galego actual. Música de autor, jazz, sefardí...

A formación habitual é a de dúo con piano e harmonio. A formación ampliada inclúe percusión, violín, nickelharpa, violoncello, guitarra, bouzuki...

O que máis caracteriza a este dúo é a calidade e paixón dos seus directos e unha grande orixinalidade e libertade artística nas súas composicións. Compoñen tamén temas orixinais para voz e harmonio. Unha proposta innovadora e única. Influencias: jazz, tradicional galega, lied europeo, rock progressive italiano.

Carmen Penim naceu en Covas (Os Blancos) unha pequena aldea arraiana da provincia de Ourense.

Os primeiros anos pasounos na aldea do seu pai, Meaus, que pertence ó antigo Couto Mixto. Por estas dúas aldeas sinte unha particular devoción. Canción para o Couto Mixto . Como din na aldea "E tu de quen ves sendo? Neta do Genebrando de Covas e da María da Aira de Meaus. Filla do Gerardo e a Sinda, os que botaron 30 anos en Holanda. 

Filla da emigración, pasa a infancia en Holanda. Regresa e estuda Filoloxía Hispánica en Santiago. Anos máis tarde fará un doctorado na Uned en Didáctica das linguas, pois é tamén profesora de lingua castelá e literatura, especializada na didáctica da linga oral, ámbito no que conta con varias publicacións científicas.


Maurizio Polsinelli nace en Roma e dende moi neno o seu pai, guitarrista clásico, introdúceo no estudo do piano, instrumento no que se diplomará no conservatorio de Santa Cecilia de Roma. Paralelamente ao piano estuda Filoloxía Románica. É cofundador do grupo Pane (1992) co que ten xa tres discos ben acollidos pola crítica. É habitual a súa colaboración como intérprete e como compositor con radios, TV e teatros. Pianista ecléctico, explora diversos estilos sen abandoar nunca a música clásica e o interés de sempre pola relación entre sonido e palabra. Dende o 2008 sabe integrar tamén os ritmos da música galega, acompañando a Carmen Penim tamén co harmonio, instrumento de resonancias antigas. Compón xunto con Carmen as músicas de 2naFronteira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.