Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2018

CHARLA SOBRE AS AXUDAS DE CONTRATACIÓN EN EXPOSALNÉS




Baixo o nome de “Cambados Emprende” ábrese unha programación formativa, cuxa primeira parte desenvolverase nos meses de maio e xuño
Unha das accións formativas será un Curso de Escaparatismo, con asistencia personalizada nas tendas, que impartirá a empresa Nordelaina do 5 ao 28 de xuño.
Será os martes e xoves en horario de 21 a 23 horas en Exposalnés con límite de 20 prazas.
A segunda actividade será un Curso de Manipulación de Alimentos, que terá lugar no Viveiro de Empresas o 29 de maio de 19 a 22 horas, igualmente con asistencia limitada a 20 prazas.
Por último, celebrarase unha Charla-Coloquio sobre as Axudas a Contratación e a Promoción do Emprego Autónomo, tamén hoxe 29 de maio, ás 20.30 horas en Exposalnés, a cargo do Despacho de Avogados Rodríguez&Alonso. A iniciativa está pensada para os autónomos, co fin de que poidan informarse das novas subvencións que poden solicitar.

 Á finalización da mesma terá lugar unha mesa redonda, na cal se tratarán as necesidades do comercio local, e na que se lle poderán trasladar aos representantes da Administración Local presentes, aquelas necesidades que entendamos se precisa solucionar (aparcadoiros, iluminación, etc..).

A única das accións que non será de balde é a de Manipulación de Alimentos, que terá un custe de 35 euros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.