Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2018

ARRANCAN OS CURSOS DE ‘DEPOVERDE’. EN CAMBADOS, HORTOFRUTICULTURA SUSTENTABLE



A Deputación de Pontevedra informa do comezo de distintos cursos en materia de hortofruticultura e produción apícola sustentable. Os cursos son presenciais, totalmente gratuítos, e teñen unha duración de 30 horas. Os cursos de hortofruticultura impartiranse en Cambados, O Rosal, Silleda e Catoira; mentres que os de apicultura sustentable serán nas Neves, Forcarei, Caldas de Reis e Lalín. Estas accións van destinadas a persoas desempregadas e están cofinanciadas polo programa ‘ Empleaverde’ do Magrama. Máis información en depoverde@depo.es ou o teléfono 886 210 725.
O obxectivo xeral do proxecto é impulsar as producións hortofrutícolas e apícolas de calidade nos espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes destas zonas.
O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial nestes espazos ou traballar nos sectores hortofrutícola ou apícola.
Impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:
Capacitar as persoas interesadas en levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos ou a quen desexe mellorar a súa empregabilidade facendo un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e da paisaxe nestas zonas.
Temática:
  1. Contextualización da zona de estudo. Datos de interese: descrición do medio físico, medio socioeconómico e outros. Definición e clasificación dos recursos naturais. Identificación e valorización do patrimonio natural e cultural da comarca. Identificación e descrición da diversidade da zona: especies vexetais locais.
  2. Antecedentes da Apis mellifera. Iniciación na apicultura sustentable. A apicultura e o medio. Comportamento social das abellas. Ferramentas e insumos do apicultor. Proceso produtivo para a obtención do mel.
  3. Proceso produtivo para a obtención de pole, cera, própole e xelea real. Importancia da apicultura rexional.
  4. Enfermidades e pragas na apicultura. Flora apícola e polinización. Cría natural de abellas raíñas. Observación do calendario apícola rexional.
  5. Produción apícola como motor económico nas zonas protexidas: produtos locais, selos de calidade alimentaria. Valor engadido dos produtos locais. Valor engadido da actividade agroalimentaria en espazos protexidos.
  6. Produción apícola ecolóxica.
  7. Xestión empresarial. Diferentes estratexias para o desenvolvemento local: os procesos colaborativos, sinerxías e redes de valor territorial, asociacionismo e cooperativismo, comercialización en liña. Axudas e subvencións. Lexislación aplicable. Prevención de riscos laborais no sector apícola.
Das 8 accións formativas recollidas neste punto, 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.
Preparar ao alumnado nas técnicas de cultivo empregadas en hortofruticultura sustentable e fomentar o emprego neste tipo de agricultura, máis respectuosa co medio.
Temática:
  1. Introdución á hortofruticultura sustentable.
  2. A hortofruticultura na provincia de Pontevedra.
  3. O solo e a súa preparación. Fertilización, rega e xestión da cuberta vexetal.
  4. Operacións de cultivo das principais hortalizas.
  5. Técnicas de cultivo de froitas e hortalizas. Recolección e xestión. Preparación para o mercado. Xestión dos residuos que se xeran na explotación.
  6. Principais parasitos e xestión fitosanitaria.
  7. Os invernadoiros.
  8. Xestión dunha explotación hortofrutícola.
Impartiranse 8 tipos de accións, das cales 6 correspóndense con formación presencial e os 2 restantes con formación a distancia, a través dunha plataforma de teleformación en liña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.