Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de mayo de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA LUDOTECA DO CONCELLO



O Concello abreu o prazo de inscrición, dende o hoxe luns 21 de maio ata o venres 8 de xuño, para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 4 de xullo ata o 28 de agosto, en vésperas do novo curso 2018-19.
As familias interesadas neste servizo deberán cubrir os datos dunha solicitude e presentala no rexistro do Concello en horario de oficina ou na Sede Electrónica do Concello de Cambados no seguinte enlace. Como o ano anterior, ofértanse 120 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Os prezos serán de 60 euros mensuais polas actividades, e 60 euros só para aqueles que utilicen o servizo de comedor.
Para facer o servizo máis eficiente, esixirase ós pais dos usuarios un certificado de empresa ou documento que acredite a necesidade de empregar a ludoteca de verán, aínda que tamén se atenderá as peticións nas que as circunstancias familiares así o esixan como ter persoas maiores a seu cargo, atencións médicas continuadas, ou circunstancias familiares doutra índole que amosen a necesidade deste servizo.
O Concello, en colaboración coa dirección da gardería municipal, facilitará os medios necesarios e deseñará un programa de actividades para os máis cativos.
De 8 a 14 horas, ou ata as 15 h con comedor
As aulas para este servizo habilitaranse en dous colexios públicos. Os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 8 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas.
Esta iniciativa municipal xurdiu coa intención de responder a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios adoitan amosar a súa satisfacción por este servizo que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos.
O Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, valora moi positivamente esta experiencia, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que é do agrado das familias, como o proban as numerosas inscricións de anos anteriores. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar no colexio completando o horario ata as 15 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.