Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DE CAMBADOS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Amosando publicacións coa etiqueta LUDOTECA DE VERAN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LUDOTECA DE VERAN. Amosar todas as publicacións

21 de maio de 2018

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA LUDOTECA DO CONCELLO



O Concello abreu o prazo de inscrición, dende o hoxe luns 21 de maio ata o venres 8 de xuño, para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 4 de xullo ata o 28 de agosto, en vésperas do novo curso 2018-19.
As familias interesadas neste servizo deberán cubrir os datos dunha solicitude e presentala no rexistro do Concello en horario de oficina ou na Sede Electrónica do Concello de Cambados no seguinte enlace. Como o ano anterior, ofértanse 120 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Os prezos serán de 60 euros mensuais polas actividades, e 60 euros só para aqueles que utilicen o servizo de comedor.
Para facer o servizo máis eficiente, esixirase ós pais dos usuarios un certificado de empresa ou documento que acredite a necesidade de empregar a ludoteca de verán, aínda que tamén se atenderá as peticións nas que as circunstancias familiares así o esixan como ter persoas maiores a seu cargo, atencións médicas continuadas, ou circunstancias familiares doutra índole que amosen a necesidade deste servizo.
O Concello, en colaboración coa dirección da gardería municipal, facilitará os medios necesarios e deseñará un programa de actividades para os máis cativos.
De 8 a 14 horas, ou ata as 15 h con comedor
As aulas para este servizo habilitaranse en dous colexios públicos. Os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 8 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas.
Esta iniciativa municipal xurdiu coa intención de responder a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios adoitan amosar a súa satisfacción por este servizo que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos.
O Concelleiro de Servizos Sociais, Tino Cordal, valora moi positivamente esta experiencia, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que é do agrado das familias, como o proban as numerosas inscricións de anos anteriores. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar no colexio completando o horario ata as 15 horas.

20 de xuño de 2017

ABERTO O PLAZO PARA APUNTARSE NAS ACTIVIDADES PARA NENOS NO VERÁN DO CONCELLO DE CAMBADOS












A Biblioteca Municipal Luís Rei ten xa preparada unha completa programación de actividades infantís, este ano baixo o nome “Saborea o verán!” que como cada verán terá lugar entre os meses de xullo e agosto.


O obxectivo das mesmas é axudar ás familias cambadesas na conciliación da vida familiar e laboral, ofertando á vez, propostas divertidas e didácticas para os rapaces durante as vacacións. Trátase dun nutrido abano de obradoiros e xogos que se desenvolverán polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas, de luns a venres, para nenos a partir de primeiro de primaria.  

Como todos os anos haberá actividades gratuítas relacionadas coas novas tecnoloxías, “EnREDamos cos ordenadores”, para que os nenos se divirtan á vez que amplían os seus coñecementos na informática, a internet e a mecanografía.

Tamén terá lugar un obradoiro para o achegamento á lingua inglesa (“English and fun!”).
Do mesmo xeito, con “Repasamos no verán”, tamén haberá hoco para o repaso e o apoio escolar.
Asimesmo, o obradoiro “L-emos!” dinamizará o hábito á lectura en papel e coas novas tecnoloxías, para lectores principiantes, todavía coa “L”.
Outra aposta importante será a creatividade nos traballos manuais, empregando diferentes técnicas en “Creamos cas mans!”.
Ademáis ofertaranse as seguintes actividades subvencionadas grazas ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia:
-Sesión de Divermaxia con A illa dos nenos, o martes 8 de agosto para todos os públicos ata completar aforamento.
-Obradoiro Libros, imaxes curtametraxes !, os martes 22 e 29 de agosto, para achegar aos rapaces o mundo da creación cinematográfica. A inscrición é de balde ata cubrir as prazas (para rapaces e rapazas a partir de 10 anos).
Para ampliar a oferta, tamén se propoñen os seguintes obradoiros de pago:

-Xadrez, os venres.
-“Pequechefs de conto!” con receitas baseadas nos contos, que se realizará na aula de catas do Salón de J. Peña durante os mércores de xullo e agosto.
-“Pintura creativa con Emérita Méndez”, que levará a cabo todos os luns de agosto.
-Robótica-Lego Educación, os xoves.



As inscricións para estas actividades realizaranse do luns 19 de xuño ao 29 de xuño. Os interesados poden achegarse pola mañá en horario de 10.00 a 14.00 horas. As prazas son limitadas e a inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada.

Así mesmo recordade que nas diferentes casas de cultura de Corvillón, Castrelo, Vilariño e Oubiña, os técnicos de cultura do Concello desenvolverán actividades semellantes durante as referidas datas de xullo e agosto.

Dende a Concellería de Ensino, Patrimonio e Cultura do Concello de Cambados, o seu responsable Víctor Caamaño anima a todos os nenos e nenas da vila a apuntarse para gozar dun verán entre libros e diversión.

Para máis información poden contactar co persoal do Departamento de Cultura no teléfono 986 520 008, ou no 986 520 902 ext. 764 e 765.









19 de maio de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS ABRE O PLAZO PARA A LUDOTECA DE VERÁN













O Concello de Cambados ten previsto desenvolver durante os meses de xullo e agosto, no período que vai do 5 de xullo ao 25 de agosto, unha programación especial en horario de mañá (de 8:00 a 14:00 horas sen comedor e de 8:00 a 15:00 con comedor) que lle permita a moitas familias cambadesas, con nenos e nenas pequenos, conciliar a súa vida laboral e familiar, toda vez que se trata dun período non lectivo para os fillos pero si de traballo para moitos pais e nais. Deste xeito dáse resposta á crecente demanda que estamos a recibir por parte das nais e pais dos nenos desde Concello.
Os prezos da ludoteca son de 60 euros ao mes sen comedor e de 120 euros ao mes con comedor.
Cabe indicar así mesmo que todas as actividades da ludoteca vanse levar a cabo baixo a permanente supervisión de profesionais con experiencia e que as nenas e os nenos non van a estar solos en ningún momento.
O prazo de inscrición ábrese este luns 22 de maio e remata o xoves 8 de xuño.
As inscricións deben realizarse no Concello de Cambados.




23 de maio de 2016

O CONCELLO ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA LUDOTECA MUNICIPAL












Con motivo do inicio das vacacións estivais, e co fin de concilia-la vida laboral e familiar das familias de Cambados, o Concello pon á disposición dos veciñ@s a

LUDOTECA DE VERÁN.

A mesma dará comezo o día 4 de xullo e prologarase ata o día 26 de agosto.

O prazo para presenta-lás solicitudes será dende o 23 de maio ata o 5 de xuño (ámbolos dous inclusive).
Unha vez cumprimentadas e, coa documentación requerida, presentaránse no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo indicado con anterioridade, e en horario de 8:30 a 14:30 de luns a venres, e de 9:00 a 13:00 h., os sábados.

Os horarios das actividades serán:

Con comedor: De 8:00 a 15:00 h.

Sen comedor: De 8:00 a 14:00 h.

O Concello vai poñer en marcha, por oitavo ano consecutivo, a ludoteca de verán para nenos de Cambados. Este servizo destínase ás familias que o precisan como apoio á conciliación da actividade laboral coa reponsabilidade do coidados dos máis pequenos. 
O horario establecido vai de luns a venres, de 8 a 14 horas, ampliándose ata ás 15 horas para os usuarios do comedor. 
Para acollerse a este servizo municipal, será condición indispensable cubrir os datos dunha solicitude que estará a disposición das familias que o desexen nas oficinas do rexistro do Concello, e entragarase nas mesmas entre hoxe 23 de maio e o 5 de xuño, en horario de 8.30 a 14.30 horas, de luns a venres, e de 10 a 13 horas os sábados. 


Descargar: Solicitude ludoteca veran 2016.pdf 






6 de xuño de 2013

120 PRAZAS NAS LUDOTECAS DO CONCELLO DE CAMBADOS







O Concello abre o prazo de inscrición –ata o 20 de xuño- para todas aquelas familias que desexen acollerse á ludoteca de verán que se vai poñer en marcha, por quinto ano consecutivo, como servizo de apoio á conciliación da vida familiar coa laboral. A ludoteca funcionará dende o 1 de xullo ata o 29 de agosto, en vésperas do novo curso 2013-14.  

As familias interesadas neste servizo deberán presentar as súas solicitudes só no rexistro municipal. Como o ano anterior, ofértanse 120 prazas para nenos e nenas de 3 a 8 anos. Á hora de cubrir estas prazas vaise dar prioridade ás familias monoparentais e aquelas nas que traballen o pai emaila nai. Cando presenten a instancia, os pais que traballan deberán acreditalo.
 
Tamén terán prioridade os rapaces empadroados en Cambados; os que xa participaran na ludoteca en anos anteriores; os que se inscriban para os 2 meses do verán; así como os que levan todo o curso inscritos na gardería. Os prezos serán de 50 euros mensuais polas actividades, e 50 euros só para aqueles que utilicen o servizo de comedor. 
 
A resposta dos proxenitores foi moi positiva nos pasados veráns, pois era unha necesidade ante a dificultade de compatibilizar o traballo co coidado dos fillos. Na primeira edición acolléronse arredor de 60 rapaces pero o éxito desta iniciativa provocou axiña un incremento da demanda, que obrigou a ampliar a inscrición ata as cen prazas e, o pasado verán, ata as 120. 
 
De 9 a 14 horas, ou ata as 15 h con comedor
Previsiblemente, as aulas para este servizo habilitaranse outra vez nos colexios de A Pastora e San Tomé, ainda que están pendentes as reunións dos consellos escolares que deben decidir se autorizan a cesión. Pero ainda que estes se neguen faránse alí si ou si. Remitímosvos a anos anteriores. Os rapaces desenvolven un amplo programa de actividades lúdicas, divididos en grupos por idades, nun horario de 9 a 14 horas pola mañá. Isto permite que os pais e nais poidan acudir aos seus respectivos traballos deixando os seus fillos perfectamente atendidos por monitoras cualificadas. 
 
Esta iniciativa municipal surxiu coa intención de responder a unha necesidade que afecta a numerosos pais e nais de familia. Os beneficiarios expresan a súa satisfacción por esta prestación, que lles permite conciliar a vida familiar coa laboral durante o verán, xa que non tiñan con quen deixar aos seus cativos. O servizo vai na mesma linea que o Plan Madruga, que se desenvolve en varios colexios cunha crecente demanda.
 
O alcalde, Luis Aragunde, valora moi positivamente esta experiencia iniciada no verán de 2009, en colaboración coa empresa adxudicataria da gardería, que é do agrado das familias, como o proban as numerosas solicitudes de inscrición. O servizo de comedor facilita que os nenos poidan xantar no colexio completando o horario ata as 15 horas.