Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de mayo de 2018

ACTOS EN CAMBADOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS



O mes de maio en Galicia é o mes das nosas letras e para elo o Concello de Cambados ven de presentar unha serie de actividades culturais coa lingua galega como protagonista. Este ano o 17 de maio está adicado a mestra cacereña de nacemento pero galega de adopción Maria Victoria Moreno, que exerceu a sua profesión moi preto de nos, en Vilalonga.

Programa de actos e actividades

11 Maio (venres) Ás 20:00 horas en Exposalnés presentación do libro de Ramón Caride, “Terra queimada”.

12 Maio (Sábado) Ás 19:00 horas no Parque de Torrado, Festival Anual de Con de Xido polas Letras Galegas. Coa participación de grupos galegos e portugueses de música tradicional
Ás 20:30 horas no Auditorio , presentación do libro de Adela Leiro e Mon Daporta, “Galiza, un país de primeira”, coa actuación de Xaquín, Anxo e Roi Xesteira. Acto en beneficio da asociación Galicia AME.

13 Maio (Domingo) Ás 19:00 horas no Auditorio representación teatral “Señora que paseaba pola rúa con dous cans preciosos” da compañía Matriosca Teatro(obra patrocinada pola Deputación de Pontevedra).

14 Maio (luns) Ás 17:00 horas na Calzada, diante do monumento a Ramón Cabanillas, Lectura Continuada de obras de María Víctoria Moreno (de 17:00 a 20:00 horas)

15 Maio (Martes) Ás 19:00 horas no Auditorio representación teatral “A nena que quería navegar” da compañía Redrum Producións. Entrada Normal 3.5€; Entrada Reducida: 2.5€

16 Maio (mércores) ÁS 12:00 horas Ofrenda Floral dos centros de ensino polo Día das Letras Galegas 2018. Posteriormente o espectáculo “tic-tac-toc” do cantautor Pablo Díaz.
Ás 20:00 horas no salón de Exposalnés, presentación do libro-CD “Herdeiras” (muller-identidade-memoria) de Carmen Pením. Neste acto proxectarase a curtametraxe BUCLE, de Margarita Ledo.

17 Maio (xoves)Ás 13:00 horas no Auditorio, concerto “Das Letras Galegas” da Banda de Música de Castrelo.

18 Maio (venres) Ás 20 horas no Auditorio, concerto de Carmen Penim (con cancións de Herdeiras e de obras de María Víctoria Moreno) que contará co acompañamento de Maurizio Polsinelli (piano), Javier Rabannal (contrabaixo) e Noli Torres (batería).

24 e 25 Maio (xoves e venres)Ás 11:00 horas no Auditorio, representación teatral da obra de María Victoria Moreno “Anagnórise”. Acto organizado pola Editorial Galaxia e dirixida acentros de Ensino Secundario.

27 Maio (Domingo)Ás 20:00 horas no Auditorio, concerto de Rodrigo Romání presentando o seu novo traballo discográfico (“Fios de ouro no ar”). Prezo entrada:10€ anticipada (oficina de turismo); 12€ na billeteira

2 Xuño (Sábado)Ás 20:00 horas no Auditorio, entrega do Premio Ramón Cabanillas, evento organizado polo Concello de Cambados e polas Librerías Ramón Cabanillas e Contos.











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.