Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2018

16ª XORNADA DA LIGA DA BILLARDA EN FEFIÑÁNS



O sábado 21 de abril, ás 16:30 na Praza de Fefiñáns celébrase a 16ª xornada da Liga Nacional de Billarda, conferencia Rías Baixas.


A billarda é un dos xogos máis populares e conocidos de Galicia, sobre todo durante a temporada estival. Xe se xogaba no siglo XIX, no periódico de Lugo A Monteiro do ano 1889 decíase que era un xogo de moda actual entre os nenos. Ademáis afirmaba que non sabía que era o inventor, pero que non devía ser un calqueira, porque tiña máis utilidades das que parecía, dalle agilidade ó corpo, forza o brazo e enseña a calcular as distancias a ollo. 
Esencialmente consiste en darlle cun pao (palanca) a outro máis pequeno (billarda), para que salte e envialo o mais lonxe posible. 
Para fabricalo hay que cortar un pao duns 50 cm. de largo por 2 ó 3 cm. de ancho, de madeira o máis dura posible. A continuación agudízase polo dous extremos outro palo da misma anchura duns 15 cm. de largo.
Xógase entre dous ou mais xogadores que, dende unha marca ou un círculo dibuxado no chan golpea a billarda coa palanca nunha das súas puntas para levantala, e cando esta está no aire golpéase forte para enviala o máis lonxe que se poida do círculo de inicio. O xogador que queda máis lonxe empeza o xogo da mesma maneira golpeando a billarda tres veces en dirección da salida, mentras un xogador contrario intenta cortarlle o camiño. 
O terminar a tirada tense que calcular a distancia, en palancas que hai ata o círculo, e se acerta convertense en puntos, e se non acerta pasan ó equipo contrario, que empezará de novo o xogo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.