Como avanzamos en días pasados a blogueira e "influencer" Fiona Ferrer visitou Cambados o pasado domingo.
A coñecida blogueira Fiona Ferrer percorreu o destino Rías Baixas no marco dunha nova acción de promoción das Rías Baixas. O principal obxectivo deste blogtrip, é converter ao destino Pontevedra provincia nun lugar de excelencia, de calidade, único e exclusivo como marcan as liñas do Plan estratéxico de turismo da Deputación.
Fiona Ferrer coñeceu Sanxenxo e O Grove, coa súa Illa da Toxa. Durante o sábado aproveitou para descubrir o patrimonio natural, a gastronomía e o termalismo que oferta a provincia de Pontevedra. Xa para o domingo o lugar seleccionado foi Cambados, onde realizou unha ruta cultural e gastronómica, e Cuntis.Onte luns, visitaba a Lalín para percorrer o pazo de Liñares e Castrodeza.
Desta viaxe teremos cumprida conta pola propia Fiona Ferrer nunha reportaxe que verá a luz en poucos días.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.