Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de marzo de 2018

RESUMO DO PLENO DA CORPORACIÓN (II Parte)












Deixamos a anterior entrega con José Ramón Abal e Luis Aragunde baténdose en duelo (en sentido dialéctico). Unha vez Luis parou de atizar (xa ñe chejou), Abal desquiciado ou digámolo así canso de escoitar ataques continuos a súa persona e a súa familia, colleu e a viva voz inqueríulle a Luis Aragunde “dime onda están as facturas, os papeis que me relacionan co viño que se servíu en Casa Rosita co galo do Encontro de Cofradías Enogastronómicas, de onda sacas tí que lucreime con iso. Eu vou a unha COMIDA, que non era unha cena Luis, que non te enteras (…). Eu non teño por qué llle dicir a unha empresa privada o que ten que levar na Carta, se puxeron o San Ero por me facela pelota ou porque tiveron unha deferencia comigo, ou que sei eu, agora resulta que a culpa a teño eu, e tes a desfachatez de dicir que o facturei ao meu nome a cargo do Concello”.

E saltou o que faltaba, Eulogio Pomares Botana ríndose e decindo que a marca da etiqueta non deixaba lugar a dúbidas (ao mellor quería que puxeran o del). En todo caso endexamáis vira a un José Ramón Abal fora de sí, o rapaz da a sensación de ser unha persona pacífica, polo menos cando fala comigo e sumamente correcto e educado asemade Luis sabe moi ben o que fai, non da puntada sen fío (non o vou a saber eu). Como dixen na primeira parte non vou a entrar en disquisicións nin maniqueísmos, tan só reflexar as notas que tomei e que teñen o seu correlato na emisión en Internet do mesmo que deixo para o remate desta crónica. 

PARTE RESOLUTIVA
O ESTADO DOS COLEXIOS EN CAMBADOS
Estamos no Ecuador do Pleno e entra en escea a petición de varias Asociacións de Nais e Pais de Alumnos dos colexios de Cambados que reclaman unha maior dotación de personal para laburar nos Colexios que fagan as tarefas de conserxería e limpeza. E de novo comezou o intercambio de golpes. Víctor Caamaño referíu que non se podía contratar e a pesares diso houbo duas personas a maiores dunha Empresa Externa para paliar este problema, e outras duas para o mantemento do Centro de Saúde, cando non son competencias do Concello de Cambados: foi un desembolso de preto de 56.000 euros. Luis Aragunde lembrou o que di a lei, que a competencia do mantemento deses colexios era do Concello, e subrepticiamente mandoulle un recado a Alcaldesa, que a Deputación de Pontevedra ten coma encomenda “auxiliar e colaborar” cos Concellos cando así o precisen, renovar Convenios e máis amplo, e con Él perante seis anos ao fronte do Concello houbo inversións contínuas, un Plan MADRUGA GRATUÍTO, e que dixo no seu día que era preciso paliar estes problemas e non fixeron caso da Moción que fai meses interpuxo o PP de Cambados, que nos lembramos de Santa Bárbara cando trona.
E aquí saíu a Alcaldesa por alusións, gritando e sinalando co dedo a Aragunde (eso é de mala educación Fátima, pero xa que estamos nun combate de boxeo e non puxestes guantes pois vale), e comezou a lle zoupar sen misericordia: “O Plan Concellos da Deputación vai subsanar en parte este cometido, e para o teu bó goberno que saibas que a Interventora non permite o gasto en bens que non señan de titularidade municipal”. Luis botou un paso atrás e soltou un gancho de dereita e dixo que a competencia de lle solicitar a Deputación e a Xunta axuda material e humana era dela, e Fátima que non, que os do goberno en Santiago son dos teus. En fin, menos as sillas voando polo aire alí había golpe vai e golpe ben. 

O noso Deputado Provincial seguíu mallando sen descanso no rival, o Goberno Local, e lembrou que non saben XESTIONAR, “que onda se víu que seña preciso tres anos para cambiar a cuberta da piscina municipal”, “que en seis anos coma alcalde invertín en Cambados en relación con vós un 40 % máis en educación”, que era do que se falaba … Víctor Caamaño pedíu a palabra e dixo que “os servizos se sufragan con impostos, e que os 4 euros por fillo do Plan Madruga permiten pagar os 6.000 euros que custa o mantemento”, pero eso non fixo que Luis deixara de repartir estopa, ao revés: “que se axuden as ANPAS e deixádevos de politiqueo, hai que facer xestións, hai que moverse, non se pode estar de paseo de aquí para alá, sodes uns feirantes. A verdade é que finou este terceiro “asalto” e no intre de votar a Moción conxunta das ANPAS foi coma non podía ser doutro xeito 17 votos a favor.

A FOLGA NOS XULGADOS
Moción de Somos Cambados para que se atendan as demandas dos funcionarios de Xustiza. Xurxo Charlín fala de que “os empregados non collen unha baixa por vicio”, que hai un facultativo que dispensa a mesma, polo tanto deberían calar a boquiña os mandamáis da Xunta e por certo, mal, rematadamente mal, a Alcaldesa, cando segundo o que lín na Prensa, o próximo protagonista da miña próxima crónica, Manuel Duarte, dixo Fátima Abal que colleu unha baixa para que non o notificaran … que saiba que está atentando contra a profesionalidade dun médico, en todo caso debería pedir públicas desculpas, pero eu coa Alcaldesa xa non teño visos de que mude de carácter, nunca se equivoca, nunca pide perdón, está máis preto do orgullo que da humildade; a min no derradeiro ano ma cambiaron, non sei que raios lle pasa pola cabeza pero parece un volcán a punto de estoupar. Ao que ibamos, José Ramón Abal dixo que “non coñecía en profundidade a problemática de fondo”, “pero que sí hai anos e anos onda se ven pedindo por activa e por pasiva a automatización das oficinas nos Xulgados, que teñan un sistema informático propio”. Artigo Faro de Vigo

Víctor Caamaño falou do dereito á folga que recolle a Constitución Española, que aos traballadores lles asiste a razón e que o BNG sempre apoiará ao Sector Público. Milagros Martínez, Concelleira de Turismo polo Ps de G-PSOE apoiou a Moción de SC: que estaba dacordo o seu grupo, que había que desbloqueala situación e o colapso existente para facer unha Xustiza efectiva. E VOLTOU AO RING ARAGUNDE, e loubou ao grupo de En Marea porén fixera unha petición no seu día dun aumento de 49 euros ao mes, e lle propinou un par de golpes ao PSOE e ao BNG, que eles non pediron nadiña, 0 euros, non dixeron nin chío (aí están os asesores de Luis … cando vai a un Pleno leva todo preparado, respostas, preguntas, e máis amplo, e sabe onde hai que tocar de aí que para min fora o claro vencedor da velada desta noite do 1 de Marzo). Seguíu repartindo leña e dixo que os Sindicatos refiren que non lle valen os negociadores que lle puxo a Xunta … si se refire ao Director da Función Pública, o Señor Manuel Barreiro, non me estrana, e son eu o que o digo, é prepotente, arrogante, de tal xeito que a día de hoxe xa o quitaron dalí porén insultou moi gravemente aos representantes dos traballadores, é a miña opinión. Se a Xunta ofrece 1.000 euros de suba ao ano dixo Luis e os traballadores piden 2.000, eso non pode ser, porén hai que velar polos Orzamentos da Xunta, polo tanto nesta moción o PP se abstivo xunto a José Ramón Abal, e o resto dos grupos votaron a favor. 


E aquí sí que teño que entrar en xuízos de valor, porén unha vez máis o remate do Pleno foi un galimatías absoluto. Eu non sei que acontece, pero dan ás 12 da noite e pasa coma na peli dos Gremlins, a xente quere coller e liscar para a casa porque disque “teñen que traballar ao día seguinte”. Manda huevos (Federico Trillo), que os Funcionarios están ás oito da mañá alí é certo, pero os políticos todos non, “y lo sabes”. A cuestión é que se decidíu por tramitación de urxencia que o Plan Especial do Porto de Tragove se sustanciara na Xunta de Goberno Local e a lea se montou (coma non) porque dos 11 puntos do día ían no cuarto e que facemos, buffff. Consultado ao Secretario voltou a repetilo mesmo que leva dito nos derradeiros Plenos: é a Alcaldesa a que ten a potestade por dar por concluída a sesión ou continuar, coma se nos dan as catro da mañá. E comezou unha conversa entre tódolos grupos, que sí, que non, e o público mudo e coa boca aberta. Rematou o combate e nin con esas querían liscar dalí. Improvisación absoluta, se hai 11 puntos do día e rematámolo cuarto i é a hora había que telo previsto e actuar con celeridade no que respecta ao que compre facer nestes casos; “perdidos y al río”. Cando saímolo público porén se deu por rematado o mesmo nos mirabamos uns aos outros, estamos sempre igual, pero se está o país coma está é por algo, porque non hai unha voz clara que leve o goberno. 

Apertas, e a próxima crónica Fátima Abal contra Manuel Duarte, boxeo de altura.


Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.