Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de marzo de 2018

O TEMPORAL PASARÁ DE NIVEL LARANXA A NIVEL VERMELLO A PARTIR DESTA NOITE









Lémbrase a importancia de manterse afastado da liña de costa, diques, rompentes, praias e paseos marítimos.


A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta indica que a alerta laranxa por temporal costeiro e de vento pasará a nivel vermello a partir desta noite nas provincias de Pontevedra e A Coruña.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a partir desta noite espérase nivel vermello no litoral de Pontevedra e no oeste e suroeste da provincia de A Coruña, con ondas de ata 9 metros por mar combinada do oeste. A partir do mediodía, continuará todo o litoral galego en nivel laranxa.
Mantense a alerta laranxa por mar combinada e vento en mar que está a afectar ao litoral de A Coruña e Pontevedra dende primeiras horas da madrugada deste sábado día 10 e que afectará ao litoral de Lugo a partir das 10:00 do domingo día 11, podéndose acadar ventos de forza 9 e ondas de ata 8 metros. A coincidencia xeográfica deste fenómeno con outros por tormentas e choivas de nivel amarelo pode facer que acontezan anegamentos puntuais en zonas de costa do litoral de Pontevedra e Coruña (Suroeste, Oeste).
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes, paseos marítimos. Tamén se recomenda que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. Tamén os peiraos constitúen espazos de risco ante a alerta por fenómenos meteorolóxicos adversos. Nestes entornos, débense evitar os percorridos polas instalacións portuarias en especial en zonas de especial perigo como, diques de abrigo, espaldóns, escolleras, escaleiras de acceso aos diques e peiraos, entre outros. Do mesmo xeito, débense evitar percorridos en vehículos preto dos peiraos así como aparcar nos portos, na medida do posible.
É recomendable, ademais, non pasear preto dos bordos litorais, paseos marítimos e zonas próximas ao mar, sobre todo nas batidas polo vento. Tamén se recomenda non camiñar polas proximidades dos edificios portuarios, guindastres fixos ou automotor, así como, noutras edificacións que pola súas características construtivas poidan sufrir desprendementos nas súas estruturas exteriores tales como cubertas metálicas. Todos os medios do Servizo de Gardacostas de Galicia estarán en alerta para calquera incidencia que se poida producir a causa deste fenómeno meteorolóxico adverso.
Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.