Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de marzo de 2018

MOITA PRECAUCIÓN ANTE A CHEGADA DA BORRASCA FÉLIX






Despois do temporal de neve que nos deixou Emma, Galicia agarda a chegada de Félix. 

Trátase dunha borrasca profunda que trae vento, chuvia e avisos en terra e mar. 

O inverno non nos dá tregua. Agárdase unha fin de semana moi desapracible pola visita da borrasca Félix, sobre todo na costa Atlántica.
Comezaremos a notar a súa chegada esta tarde, o vento empezará a soprar con forza e as precipitacións serán intensas e xeneralizadas no final do día. 

A borrasca moi profunda irase achegando progresivamente a Galicia durante a xornada do sábado, pasando moi preto do noso litoral xa pola noite e na madrugada do domingo. Isto fará que teñamos un día de ceos presentando intervalos anubrados, con chuvias localmente treboentas, intensificándose pola noite. A cota de neve estará nos 1300 metros durante a noite. As temperaturas descenderán lixeiramente. Os ventos do sur irán incrementando a súa intensidade ata acadar intervalos moi fortes nas últimas horas do día.

Xa o domingo Galicia continuará baixo os efectos dunha borrasca profunda que se irá movendo polo noroeste da Comunidade. Isto deixará os ceos cubertos e precipitacións, que serán xeneralizadas, persistentes e en moitos momentos de intensidade moderada. A cota de neve quedará arredor dos 1300 metros. As temperaturas terán un lixeiro descenso e os ventos soprarán fortes do suroeste, con intervalos moi fortes no litoral e zonas altas.

Meteogalicia activou para mañá o aviso laranxa por vento na costa e o domingo ese aviso pasará a vermello, así que, xa saben, moitísima precaución, sobre todo no mar.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.