Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de marzo de 2018

A SEMANA SANTA EN CAMBADOS, (OPINIÓN) SEGUNDA PARTE



Cambados vive estes días un fervor relixioso sen parangón. Coma dixen no seu día vai íntimamente vencellado aos nosos recordos e coma tal son un conxunto de ideas, artes, ciencias e costumes que forman e caracterizan o estado social do noso pobo. Antonte os veciños de Cambados celebramos o XOVES SANTO. Segundo os eruditos Xesucristo celebrou á Última Cea cos doce Apóstolos. Os fieis ateigaron a Igrexa Parroquial para asistiren ao lavatorio de pes. No sermón o meu grande amigo e párroco D. José Aldao lanzou unha mensaxe de amor: nunha sociedade onda o individualismo, a falta de valores, e rodeada de problemas económicos e laborais, o amor é indispensable para facer un mundo máis xusto e saír adiante Encheuse a Igrexa novamente e a verdade é que un luxo ter ao fronte da nosa Comunidade Relixiosa a un home tan humano, cercano, e tan boa persona coma Don José. Son moitas as virtudes que ten e entre elas é o ser un grande lector, alguén que non é alleo ao groseira realidade do mundo; é un incorrexible soñador, o menor xesto de simpatía o desarma, a inxustiza logra sublevalo, padece ese realismo candoroso da primeira xuventude, que non soprta o groseiro enfrontamento coa realidade do mundo. Eu sempre tiven debilidade por esa clase de homes e mulleres poren escasean cada vez máis: todo é postureo, falsedade e hipocresía. 


Tralo sermón procedeu ao lavatorio de pes coma se supón que fixo Cristo cos seus Apóstolos .E baixo o meu punto de vista é a némese da Semana Santa e provoca unha fonda impresión para aqueles que admirámola vida de Cristo coma un espello, un exemplo, e un símbolo de entrega aos demáis. Coa Biblia na man Xesús enfrontouse co poder estabelecido e moitas pasaxes da súa vida que no seu tempo foron tildadas como “escandalosas” e coma tal deixaba que se lle acercara xente de toda condición, non era un “clasista”, ao contrario: era un revolucionario, se mesturaba con xente impura e que non estaba ben vista polo visto na sociedade daquela época, excluída a priori da alianza con Deus. Nembargantes a acollía non coma “moralista” a diferencia dos nosos actuais políticos, senon coma AMIGO. Na súa mesa se sentaba ao seu carón a todo o mundo que así o quixera. Á tarde noite desde a capilla de San Tomé comezou a procesión do Ecce Homo e aquí entra a Historia, coma Poncio Pilatos lavouse as mans e diante do pobo, cun Cristo ao que lle deron por todas partes e levando na súa cabeza unha coroa de espiñas, dixo: “Aquí tedes a este home”, facede con il o que queirades. A quen queredes, a Cristo ou a Barrabás, e así é coma ocorre hoxe en día para desgraza do xénero humano en moitas ocasións. Veneramos a xente que non ten nada de valor, en todo caso se queren facer pasar coma Mesías e proclaman virnos a salvar de fulanito ou fulanita de tal, cando a leguas un se decata de que o único que lle preocupa é “cuidar de lo suyo”, e estou a falar doutros daqueles aos que Cristo lles deu sen compaixón: usureiros, políticos, fariseos, mercaderes, e toda a ralea que coma fai XXI séculos o mundo ten que levar, de non ser así non tería sentido de que morrera POR NÓS para nos facer libres e escoller aquilo que queremos, e coma pecadores tamén é consciente que nos creou a súa imaxe e semellanza peronos deu en condicións normais liberdade para equivocarnos. 


 A PROCESIÓN DO SANTO ENTERRO, VENRES SANTO.- 

Ás sete da tarde chegou o intre máis esperado dada a súa solemnidade … hai xente que chora no intre que se procede ao desencravo da imaxe de Xesús. A continuación partíu a procesión do Santo Enterro que recorreu as rúas da localidade, unha mostra do poder de convocatoria dos Actos da Semana Santa. A posteriori a procesión da Soidade estaba programada para as dez e media da noite con saída na Igrexa de Santa Mariña e remate en Fefiñáns (que este ano non puido saír pola choiva) pero en todo caso é apabullante cada ano que se celebra. As mulleres levan ás imaxes nun silenzo sepulcral que se fai presente nas rúas, e case sempre venta, fai frío, e chove. É un día triste para moitos Cristiáns, aqueles que temos unha fe que nos inculcaron desde nenos. Iso non quere decir que haia xente atea que ao carón de moitos Católicos de buffet libre estean a unha distancia sideral, por ser boas personas, non levar unha dobre vida, e ser consecuentes co seu xeito de pensar. Na Historia hai grandes celebridades que non crían en Deus coma Rilke, Schopenhaüer, Buñuel, e que fixeron a súa parte para deixar un mundo millor do que viveron. Sei a tentación que hai de tentar enlodar esta celebración co que foi noutro tempo, e hai documentos que o atestigüan, pero volto a repetir non está no meu ánimo polemizar. Vivimos nun estado aconfesional, pero obviar que o 90 % dos cidadáns se sinten Cristiáns e negala realidade deste país. 

É preocupante o pouco grado de tolerancia presente na nosa sociedade, pero é un problema de educación e cultura. Hai que separar, non entendo o fervor doutras celebracións coma a do Nazareno, a Virxe do Carme ou da nosa Patroa Santa Mariña que transcorren con relativa paz e tranquilidade, coa lea que se monta cada vez que calquera de nós lle da o significado que merece a unha data sinalada no calendario consagrada polo tempo e santificada pola tradición. A sombra dos corenta anos de ditadura é alongada, certo, pero eu me ciño exclusivamente ao día de hoxe. Sei do significado que estas datas teñen para moitos veciños e por iso e non por outra cousa o reflicto, e a quen lle doa sempre pode a partires de hoxe poñelo fútbol. Desa relixión non falan, que si Messi é Deus, ou Cristiano Ronaldo e que tal equipo xoga coma os anxos. 
E nin mentar os espectáculos que ollamos a traveso das canles de televisión, con expresións de violencia verbal e física (telediarios). Qué é a Semana Santa comparada con iso (…) AUGA, e coma tal o digo. Hai tal cantidade de “burremias” que ten que ler un que se lle poñen os pelos coma escarpias, pero somos un país CAINITA, e non se pode obviar. Temos moitas cicatrices, e coma tal as levamos pegadas na nosa pel, gravadas a lume e non falo do sentido “físico” senon do espiritual. Que haia algo que non podamos ollar non significa que non exista, e aqueles que dicimos que sí hai somos mal vistos por aqueles que só cren no tanxible, no que se pode “tocar”. 


E HOXE MÁIS QUE NUNCA, ONDE O MATERIALISMO, E O CONSUMISMO FIXERON PRESA DA SOCIEDADE CHEGADO TAL EXTREMO QUE PARA MOITA XENTE VALE MÁIS O QUE TES, DE QUEN ES, AÍNDA MAÍS. Asemade hai algo que non te poden quitar, i ese algo é a ESPERANZA, a FE e a CARIDADE. Son virtudes teologais, xunto a paciencia, e desta última hai moita xente que non anda precisamente sobrada … CALMA, restan dous díuas e xa podedes voltar á vosa rutina, sen que haia xente que “moleste” segundo vós ocupando a rúa e cortando o tráfico, que moleste por atreverse a dicir en voz alta o que pensa, ou que moleste porén non opina coma vós. 


Un artigo de Óscar Manuel Núñez.- 

P.D: DALAS GRAZAS A LUIS GÓMEZ POLA XENTILEZA EN ME CEDELAS SÚAS FOTOS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.