Hai uns intres a directiva do C.J. de Cambados emitía un breve comunicado a través da súa páxina de facebook no que comunicaba o fin da relación entre o clube de fútbol e o adestrador pontevedrés.
COMUNICADO OFICIAL
O Club Juventud Cambados decide poñer fin á etapa de Roberto Fuentes como adestrador do primeiro equipo.
Dende o Club queremos agradecerlle o seu traballo e implicación durante estos meses así como desexarlle sorte para o futuro.
O Club xa está traballando na búsqueda do sustituto.
Roberto Fuentes sustituíra este verán a Luís Carro que estivera como adestrador nas derradeiras tempadas e que recibira e aceptara unha oferta do C.D. Ribadumia.
Fuentes, ex-xogador do Club e participante no derradeiro ascenso do CJ de Cambados a Preferente, chegaba para intentar seguir na liña ascendente das dúas tempadas pasadas. Tras un comezo prometedor, nas derradeiras semanas os malos resultados, rotos onte por unha victoria ante o Santa Mariña, acompañaban ao equipo. Malia todo ocupa plaza de ascenso nunha liga moi igulada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.