Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de diciembre de 2017

COMEZA A PROSPECCIÓN XEOFÍSICA DO CASTRO DE CÁLAGO, EN VILANOVA DE AROUSA








A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, iniciou hoxe os traballos de prospección xeofísica no castro de Cálago, en Vilanova de Arousa.
A dita actuación, que se enmarca dentro do programa de actuacións arqueolóxicas para este ano, ten un orzamento de algo máis de 10.500 euros. Os traballos de campo, que executan o grupo de investigación Aquasol da Universidade da Coruña, durarán arredor de cinco días.
A prospección xeofísica consiste nunha exploración do subsolo do xacemento arqueolóxico a través dun conductivímetro instalado nun dispositivo móbil axustado a un receptor GPS. Isto permitirá medir simultaneamente a condutividade eléctrica e a susceptibilidade magnética dos materiais existentes baixo a superficie e, deste xeito, localizar a posición de posibles estruturas arqueolóxicas.
A intervención conta co autorización do Concello de Vilanova de Arousa, institución que ten cedidos os terreos onde se asenta o castro de Cálago por parte dos seus propietarios para levar a cabo traballos arqueolóxicos e de posta en valor deste xacemento.

Idade do ferro


O castro de Cálago -incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia- localízase no propio núcleo urbano de Vilanova, en concreto no lugar de Campanario (parroquia de San Cibrán de Cálago), nun outeiro a escasos 100 metros da liña de costa actual.
Trátase dun castro da Idade do Ferro que presenta unha forma elíptica, cuns eixes de 105x80 metros, no que se identifica claramente a súa croa e unha primeira terraza, aínda que é moi probable que contase cunha segunda, onde actualmente se atopa o cemiterio de Cálago. Con posterioridade, xa na Idade Media, estableceuse neste lugar o mosteiro de Cálago do que se conserva na actualidade a súa torre-campanario.
Ao abeiro dun convenio de colaboración entre o Concello de Vilanova de Arousa e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, deseñáronse unha serie de sondaxes arqueolóxicas valorativas distribuídas polos diferentes predios nos que se sitúa o xacemento. En concreto, realizáronse 3 sondaxes na zona da croa do castro e 1 sondaxe na terraza norte que sumaron unha superficie total de intervención de 28 m2. Estas actuacións permitiron constatar escasas estruturas arqueolóxicas aínda que si abundante material de época romana e de tradición castrexa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.