Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de diciembre de 2017

A VENDIMA 2017, A TERCEIRA MAIOR DA DÉCADA









A colleita de 2017 foi a terceira máis abundante da última década. Ascendeu, en total, a máis de 61 millóns de quilos de uva, en xeral de moi boa calidade, a pesar dos episodios de climatoloxía adversa que se sucederon durante o ano.

Unha suba importante se temos en conta a caída da produción noutras zonas produtoras de España, que se sitúa en torno ao 15% con respecto ao ano 2016. Nos principais países produtores do mundo, Italia e Francia, as baixadas foron do 23% e 19%, respectivamente. Así, a previsión de produción mundial indica que houbo unha baixada de en torno ao 8%, convertendo a vendima do ano 2017 na máis baixa do século.
Esta importante caída da produción noutras zonas produtoras de España e dos principais países produtores do mundo vai supoñer unha moi boa oportunidade para ampliar mercados, sobre todo para a DO Rías Baixas que tivo unha colleita abondosa.
Do total, máis de 52 millóns de quilos corresponderon a variedades brancas, especialmente Albariño. De feito, Rías Baixas foi a D.O. de maior produción, co 64,08% do total recolleito en Galicia, con máis de 39 millóns de quilos. A D.O. Ribeiro recolleu 9,4 millóns de quilos (o 15,43% do total); Ribeira Sacra, 5,5 millóns (8,98%); Valdeorras, 4,1 millóns (6,81%) e Monterrei -a que maior descenso acusou con respecto ao ano anterior- quedou nos 2,8 millóns de quilos (o 4,70% do total).

As cinco denominacións de orixe vitivinícolas agrupan á inmensa maioría do sector do viño en Galicia. O case medio milleiro de adegas acollidas comercializaron en 2016 uns 416.000 hectolitros de viño, cun valor en orixe duns 195 millóns de euros (un 8,3% con respecto ao 2015).
Estamos a falar dun sector que, na campaña 2015/2016, incrementou as súas exportacións un 69% respecto á campaña 2010/2011, o que significa que exporta o 19,4% da produción total, que se incrementou nese período un 9%.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.