Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de diciembre de 2017

A DEPUTACIÓN ORGANIZA EN CAMBADOS UNHA SESIÓN INFORMATIVA SOBRE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA










Deputación de Pontevedra organiza para esta semana tres novas sesións informativas, dirixidas ás veciñas e veciños e a técnicas e técnicos municipais de Tui, Cambados e Pazos de Borbén sobre a teleasistencia domiciliaria, servizo que a institución provincial financia en colaboración cos concellos da provincia.
A primeira delas terá lugar en Tui, concretamente no Centro Sociocomunitario da vila hoxe luns, 11 de decembro ás 19.00 horas. Mañán martes, 12 de decembro, terá lugar a segunda xornada da semana ás 17.30 en Exposalnés de Cambados e a última terá lugar o xoves, 14 de decembro, ás 17.00 no Salón de actos do concello de Pazos de Borbén.
Estas charlas informativas, cunha duración aproximada dunha hora, teñen por obxecto dar a coñecer á veciñanza a importancia do servizo para previr situacións de risco. Así, ata o momento foron quince concellos os que solicitaron que se leve a cabo a sesión informativa: Baiona, Barro, Cambados, Cerdedo-Cotobade (unha en Cerdedo e outra en Cotobade), Cuntis, Forcarei, O Grove, Meis, Pazos de Borbén, Ribadumia, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tui, Ponte Caldelas e Valga.
servizo de teleasistencia domiciliaria da Deputación de Pontevedra ampara na actualidade a un total de 465 persoas, das que preto dun 75% son mulleres. Esta iniciativa permite a persoas de avanzada idade ou con algún tipo de diversidade funcional manter a súa independencia e continuar vivindo no seu domicilio con tranquilidade e seguridade, coa consecuente mellora na súa calidade de vida.
Ante unha situación de emerxencia no fogar, con só pulsar un botón, os e as usuarias reciben asistencia inmediata, 24 horas ao día e 365 días ao ano, mobilizando os recursos necesarios para dar solución ao problema.
Isto é posible grazas a un terminal asociado á liña telefónica, que se instala nos domicilios e que permite establecer unha comunicación directa desde calquera punto da casa, similar ao sistema de “mans libres” dos teléfonos móbiles.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.