Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de diciembre de 2017

A CUBERTA DA PISCINA DE CAMBADOS SERÁ UNHA REALIDADE NUNS 11 MESES










Xunta de Goberno

A nova piscina de Cambados será unha realidade en once meses tras a selección de Copsesa para a realización das obras

Deputación de Pontevedra e Concello de Cambados compren co seu compromiso para a reforma e mellora do complexo deportivo do Pombal que estará rematado a finais de 2018
 
O novo edificio do complexo deportivo de O Pombal en Cambados será unha realidade en  once meses tras a selección, en mesa de contratación, da oferta presentada pola UTE Prace Servicios e Obras S.A. Copsesa. A adxudicación definitiva, nunha próxima Xunta de Goberno, porá fin ao trámite administrativo do proceso. Así, Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados compren co compromiso acadado por Carmela Silva e Fátima Abal coa veciñanza da vila do Salnés de mellora e reforma da piscina, que o anterior goberno municipal fixera sen cumprir cos mínimos criterios sanitarios e ambientais.
En marzo deste ano a Deputación e o  Concello acadaron un convenio de colaboración para proceder á reforma destas instalacións que presentaban innumerables problemas derivados do anterior proxecto elaborado, en período electoral, polo anterior alcalde e polo entón presidente da Deputación, que condenaban a Cambados a ter un "invernadoiro"  e non unha piscina das mesmas características que calquera outra vila do Salnés. Agora, e tras o proceso administrativo, o novo edificio que acollerá a piscina será unha realidade nun prazo de once meses cumprindo así coa demanda da veciñanza da vila do albariño.
O novo proxecto contempla as obras necesarias para corrixir as deficiencias e incluirán a substitución da cuberta do complexo dada a deficiencia en transmitancia térmica que presenta e así como a actualización das instalacións de climatización do complexo deportivo. O novo edificio integrarase no espazo urbano colindante reducindo o impacto ambiental, mellorarase o confort térmico, unificaranse o vaso e a praia da piscina cos espazos lindeiros para así mellorar a resposta funcional deste espazo e modificarase o peche para que limite a demanda enerxética que se precisa para acadar o benestar térmico.
Con esta reforma tamén se mellorará a eficiencia das novas instalación para así cumprir coa normativa aplicable grazas á instalación de sistemas de eficiencia enerxética que reducirán o consumo enerxético mediante o control e a regulación da temperatura, a mellora do sistema de iluminación coa integración de equipos altamente eficaces e con sistemas de control e integración de luz natural e a mellora do sistema de xeración da auga quente sanitaria e o de  quecemento da auga da piscina.

En concreto, a gañadora "Prace Servicios e Obras" presentou unha oferta por 846.744,99  euros o que supón unha pequena rebaixa do 0,5 por cento sobre o prezo de licitación que figuraba no concurso público da substitución da envolvente  e diversas melloras no interior.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.