Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de diciembre de 2017

DERROTA DO XUVEN EN CATALUÑA










Os xogadores do Torrons Vicens Hospitalet saltaron á cancha dispostos a recuperar a senda do triunfo ante un esixente rival. Unha complicada empresa ante os problemas de lesións sufridos polos cataláns na dirección o que obrigou ao ala Edgar San Epifanio a xogar ao un durante varios minutos. Con este panorama, os cataláns apostaron por un xogo sumamente ofensivo co que atacar a un Xuven que aguantou o tirón durante os primeiros minutos (26-24) sufrindo algo máis durante o segundo acto (49-41). Foi tras o paso por vestiarios cando os homes de Chiqui Barros protagonizaron os seus mellores minutos a través dun parcial de 17-27 que investiu as tornas do choque (66-68). A igualdade volvía ao marcador e no cuentro estaba no aire pero, nese momento, o equipo local foi capaz de dar un paso á fronte para asegurar unha vitoria coa que manter vivo o soño da Copa (93-87).
MVP: Devin Schmidt ( Torrons Vicens) - 31 valoración


Estatística






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.